Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta DEMISIÓN. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta DEMISIÓN. Mostrar todas las entradas

28 de diciembre de 2016

ABAL VARELA RENUNCIA AOS SEUS CARGOS MENOS COMO EDIL DE ENOTURISMO












Hai escasamente media hora nunha corta rolda de prensa convocada a última hora de onte, o concelleiro de Obras e Urbanismo i Enoturismo presentou a sua renuncia a parte das suas responsabilidades para centrarse no Enoturismo no ano en que Cambados será a Cidade Europea do Viño.
Por todo elo tamén rebaixará o seu soldo un 20% e que pasaría a ser de uns 30.000 €.
En principio e mentras non haxa unha restructuración as competencias que tiña Abal Varela pasan a ser dirixidas pola alcaldesa, segundo o propio Abal que sinalou que seguramente seguirían así ata o final do mandato.


En canto teñamos máis datos informaremos do que aconteza.





3 de febrero de 2016

DIMITE O CONCELLEIRO DE MORAÑA QUE INSULTOU A CARMELA SILVA







O concelleiro do Partido Popular de Moraña, Jorge Caldas, que chamou "mala zorra y sinvergüenza" á presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, presentou esta tarde a súa dimisión.
Nun comunicado remitido polo PP de Pontevedra, o edil confirma a súa "renuncia voluntaria" como concelleiro e tenente de alcalde neste municipio pontevedrés.
Jorge Caldas asegura que o comentario que realizou na súa "conta particular" de Facebook é "ofensivo" e "inadecuado" e sinala que "non se corresponde coa miña opinión persoal acerca da señora Silva".
O edil entende que esta expresión "inxustificada" e "inxustificable" non se corresponde cunha relación "lóxica" entre adversarios políticos.
En todo caso, Caldas lembra que o contexto no que se produciu este comentario foi o da "frustración" polas diferenzas xurdidas coa Deputación sobre a cancelación do rally Rías Baixas, aínda que reitera que esta "discrepancia" non xustifica o "insulto persoal que proferín".
Con este comunicado, o edil popular traslada de forma "expresa e sentida" o seu arrepentimento polo "erro" cometido e pide perdón á presidenta da Deputación.



18 de septiembre de 2014

A QUE SE DEBEN TANTAS DIMISIÓNS NO SERGAS?




O PSdeG pregunta no parlamento galego cales son as razóns de tantas dimisións no seo da dirección do SERGAS.

Carmen Acuña do Campo, Manuel Vázquez Fernández, Carmen Gallego Calvar e María Quintas Alvarez, deputadas e deputado pertencentes ao Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 do Regulamento da Cámara, presentan ante esa Mesa a seguinte pregunta para a súa resposta oral en Pleno.
Na Consellería de Sanidade se suceden as dimisións dos altos cargos. 
Recentemente coñecemos que o director xeral de Recursos Económicos deixaba o seu posto “por razóns persoais”. Probablemente nesa fuxida tivera algo que ver, o fracaso das súas singulares fórmulas de contratación, pendentes dos tribunais.
Pero agora a que abandona é a xerente do Sergas e, segundo parece, debido as discrepancias coa conselleira, na forma de xestionar a sanidade pública galega, algo que non é de estrañar.SERG
As listas de espera disparadas, os recortes nos orzamentos, nos recursos humanos e ata nas camas hospitalarias xunto cos copagos e repagos e toda sorte de privatizacións, xunto cos nomeamentos a dedo dos cargos e das xefaturas de servizo, están acabando co sistema sanitario público e, por iso 
non é de estrañar, que os responsables e cómplices desa xestión, ante eses resultados se queiran marchar.
Fuxida dos responsables, denuncias diarias e queixas masivas da cidadanía,protestas e plantes das e dos profesionais e ata malestar coa deriva da sanidade no seo do Partido Popular, polo cal e ante esta situación, as deputadas e o deputado que asinan formulan a seguinte pregunta para o seu debate en Pleno:
Cales son, para o Goberno, as razóns das dimisións que se están a producir nos altos cargos da Consellería de Sanidade?




29 de agosto de 2014

A DIMISIÓN DO CONCELLEIRO QUE NON SE PRODUXO






A nova que adiantamos que se produciría onte no pleno do Concello de Cambados non se produxo.
"A TI MEU CAMBADOS"
A "bomba" informativa era a demisión dun concelleiro do grupo popular e que ao parecer foi convencido de que nestes intres e a tan pouco tempo das eleccións municipais non merecía a pena dar imaxe de desunión no partido.
Este concelleiro foi premiado coa capa de Cabaleiro do Albariño, adiantándose a xente que o merece moito máis polos anos adicados e por experiencia. Un caso que chama a atención é ver coma un adegueiro, Tino Pintos, que leva moitos máis anos no mundo do viño foi nomeado hai anos Xoven Albariñense, cousa que o concelleiro non ten, i este ano é premiado cunha folla de prata. Sen falar de outros casos máis como o do enólogo Luciano Amoedo gañador de innumerables premios con viños saídos do seu saber.
"ALZA LA VOZ CAMBADOS"
Todo parecía indicar que o distanciamento entre alcalde e concelleiro non tiña solución, pero ese premio parece que arranxou o problema.
Pero cerrado unha ferida, aberta outra. Varios pequenos adegueiros tiveron conversas por separado co alcalde amosándolle o seu malestar por tal nomeamento incluso algún chegou a espetarlle ao alcalde: "agardo que ganes as eleccións porque non vas ter ningún voto na miña familia".

O problema empezou a surxir cando tanto a prensa local como nacional fixéronse eco das publicacións dalgúns blogs locais coas imaxes deste concelleiro durmindo en varios plenos. 
Cando foi a Italia si que estivo ben desperto.
O alcalde recriminoulle a sua actitude, algo que non sentou ben nin no concelleiro nin no seo da sua familia. O enfado chegou a  que a sua adega non estivese presente este ano nos postos do Paseo da Calzada