Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta ADEGA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ADEGA. Mostrar todas las entradas

9 de junio de 2015

500 RAPACES COLABORAN NA LIMPEZA DAS PRAIAS








Durante a pasada fin de semana (5, 6, 7 e 8 de xuño), máis de 40 entidades e máis de 500 persoas sumaron os seus esforzos ao longo do litoral galego para limpar as praias e denunciar a problemática ambiental do lixo mariño na 4ª Limpeza Simultánea de Praias. Podes ver as fotos enviadas polos participantes

Desta vez sí acompañou o tempo, un sol radiante fixo as limpezas máis divertidas e levadeiras que nos anos anteriores, e centos de persoas achegáronse á costa para limpar os areais de Galiza celebrando o día dos océanos (8 de xuño). Algunhas limpezas adiáronse, polo que esta fin de semana aínda haberá limpezas en diferentes praias, en total suman un total de 30 praias  ao longo das 3 provincias costeiras.   
A asociación Adega tamén puxo en marcha a campaña de limpeza de praias no Salnés. Unha iniciativa coa que colaboraron rapaces de Meis (CPI. MOSTEIRO) e do I.E.S. ASOREY de Cambados, que limparon a praia de Canelas en Sanxenxo. 43 rapaces que recolleron 20 kilos de lixo.
No Grove 38 rapaces do I.E.S. As Bizocas colleron 18 kilos de lixo da Praia de Area da Cruz. En Vilanova de Arousa  65 alumnos o I.E.S A Basella recolleron 206 kilos de lixo.

Un dos puntos fortes da campaña é a concienciación. Durante a fin de semana limpiaranse arredor de 40 praias galegas para poder gozar delas no verán.



Información e imaxes:ADEGA




28 de noviembre de 2013

A VIAXE A MARSALA EMPEZA A DAR FROITOS A LOCHO





Eulogio "Locho" Pomares concelleiro de Cambados empeza a ver réditos do seu traballo en Marsala como representante de Cambados na fallida elección do noso concello como Cidade Europea do Viño 2014. Tras a non elección de Cambados o gran concelleiro presumía de quedar segundos detrás Jerez nun tuit na conta da sua adega, para darse publicidade. 
Pois ben, agora foi elixida como única adega do Salnés no Viñeirón 2013 queorganiza a Xunta de Galicia.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria contribúe á promoción e difusión da cultura do viño fomentando o encontro entre profesionais e empresas de calidade no ‘Viñerón 2013’, feira vitivinícola que reunirá este sábado no Gaiás aos vinte mellores viticultores da vangarda europea.

Tras o éxito da primeira edición, que conseguiu congregar a máis de 300 asistentes, o ‘Viñerón 2013’ volverá reunir este sábado, 30 de novembro a partir das 15:00 horas, a entusiastas do viño, profesionais do sector hosteleiro, agroalimentario e turístico, así como bloggers e medios de comunicación especializados ao redor dos traballos máis destacados no mundo do viño. Un encontro de calidade que contribuirá a fomentar a cultura do viño e dar a coñecer a excelencia dos caldos que se producen en Galicia, así como das súas empresas.

Os viticultores convidados a participar no Viñerón 2013 foron seleccionados entre os que desenvolven na actualidade un traballo destacado de investigación e innovación en viticultura, variedades de uva, vinificacións, etc. Entre eles, estarán Elogio Pomares de Bodegas Zárate nas Rías Baixas e Rafael Palacios de Valdeorras como representación dos caldos galegos; Luis Seabra e Cristiano Van Zeller con viños do Douro (Portugal); Germán R. Blanco co Ribera del Duero ‘Quinta de Milú’; Nicolás Marcos de Cangas del Narcea; Gutiérrez Colosía de Jerez; ou os franceses Jean Michel Gerin (Domaine Jean Michel Gerin, Côte-Rotie) e Laurent Combier (Crozez-Hermitage).



13 de junio de 2012

700 VOLUNTARIOS EN DEFENSA DOS OCEANOS



Adega destaca nunha nota de prensa que a xornada dedicada á limpeza das praias rexistrou unha grande actividade en toda a costa de Galicia,  e desde moi preto pola mañá, un auténtico exército de persoas concienciadas coa defensa do medio procederon a retirar o lixo dos areais e a deixar fermosos os lugares de mar da comunidade autónoma. A nota explica o seguinte:


"Dende Nigrán ate Ribadeo, grandes e pequenos saíron ás súas praias nunha xornada de limpeza simultánea que pretende concienciar á cidadanía da necesidade de reducir o consumo diario de plástico, reutilizar o máximo posible e reciclar.

"Dende as 9 da mañá as limpezas fóronse desenvolvendo en todo o litoral galego. Houbo centros de ensino, escolas de surf, ONG ecoloxistas, asociacións culturais, asociacións de mulleres rurais e ata mergulladores. Todas e todos tiñan o mesmo fin, limpar a praia e crear conciencia. Foron milleiros de kilos os que se retiraron das praias a maioría de orixe plástico. Cordas de todo tipo, aparellos de pesca, caixas, botellas, tapóns, e outros tantos restos que rematan cada día no mar.


      "Alén da Limpeza nalgúns lugares a xornada tamén serviu para dar a coñecer a importancia e biodiversidade dos areais e dos ecosistemas dunares; fixéronse tarefas de identificación dun pequeno golfiño riscado (Stenella coeruleoalba), aparecido morto na praia de Queiruga, e localizáronse niños de pillara das dunas (Charadrius alexandrinus) que se sinalaron, para evitar o seu pisoteo, observáronse tamén os adultos desta pequena, bulideira e ameazada ave.

"O plástico nos océanos afecta á flora e fauna mariña, nomeadamente para algunhas especies ameazadas como cetáceos, tartarugas ou aves mariñas, xa que inxiren plásticos confundíndoos con alimento. Tamén poden acabar enredados en bolsas, sacos ou redes que lles provocan graves lesións, dificultades para moverse e, finalmente, poden causar a súa morte. Outro dos problemas é que o plástico acaba desfacéndose en pequenos anacos que son inxeridos por peixes que poden rematar nos nosos pratos. Isto fai que os compoñentes tóxicos e perigosos dos plásticos pasen aos seres humanos, afectando directamente á nosa saúde.

 

"Moito do plástico que se atopa nas praias e nos océanos do mundo chega alí despois de ser usado por calquera de nós. É por iso que debemos reducir o noso consumo de plástico para evitar que de un xeito ou outro remate nos océanos. Moitos dos envases que utilizamos cada día son innecesarios e prescindibles. É posible mercar os nosos produtos a granel, escoller os recipientes de vidro e retornables, rexeitar as bandexas de poliestileno, etc. pequenos xestos que axudan a que o noso planeta non sufra tanto.



     "ADEGA quere subliñar que as limpezas de praias no día dos océanos non debe ser un feito aillado, e convida a calquera persoa a recoller o lixo do noso litoral sempre que poida. A limpeza de praias debe facerse de xeito manual, respectando os ecosistemas dunares, e tendo especial coidado coa fauna e flora que nelas habita. Deste xeito poderemos reflexionar sobre a orixe dos nosos residuos e evitar que rematen nos estómagos de animais.