Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta 2014. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 2014. Mostrar todas las entradas

11 de agosto de 2014

CAMBADOS PERDE DUAS FESTAS HISTÓRICAS





Despois de moitísimos anos a fin de semana máis festeira a nivel español, queda horfa de festas en Cambados. 
Foto: Diario de Arousa
Sería o normal que as festas de San Roque e da Pastora se celebraran como viña sendo habitual esta fin de semana pero sexa polo que sexa as festas quedan reducidas ao ámbito puramente relixioso.
As razóns dadas pola comisión de festas da Pastora é que a organización de eventos no centro de Cambados restaba afluencia de xente ao Monte da Pastora, por elo e cansos de tentar que o Concello trocara as feira de Antigüedades a outra data, decidiron deixar a comisión para a que non atoparon relevo. 
O Concello entende que só pode prestar a súa colaboración coa parroquia para que, polo menos, se celebre a romaría relixiosa, que inclúe a procesión da Pastora. Habería que preguntar si D'Tacón está ofrecida a san Benito para tocar sempre "gratis" ou polo contrario paga o Concello ou o párroco.

Polo que respecta a festa de San Roque a comisión decideu abandonar por cansanzo. E non se atopou relevo.
Foto: "A ti meu Cambados"
Si Roberto Gesteira, Pachenas, Moncho "Calderilla" e outros levantaran a cabeza e viran que a mellor das festas de Cambados hai anos desaparece........
Os máis novos non o recordan pero a festa de San Roque era moito máis grande que a do Albariño. Tres dias de festa con verbenas i orquestras punteiras, todo cambados engalanado, os xigantes e os cabezudos e papamoscas e como non os fogos de artificio para rematar.

O programa da festa de San Roque para o Sábado 16 de agosto queda así:
Alborada a cargo de grupos de gaitas
12.00h Misa solemne na igrexa parroquial
13.00h Concerto da Banda de Música na Praza do Concello

20.00h Procesión
E o programa da Pastora comeza o Sábado tamén pola noitiña no monte da Pastora, cunha foliada organizada polo obradoiro cultural Volandeira. E o Domingo 17,  pola mañá alborada a cargo dun grupo de gaitas.
12.30h Misa solemne
19.30h Procesión



8 de agosto de 2014

TRAZADO DA ETAPA DA VOLTA QUE PASA POR CAMBADOS




A etapa de "La Vuelta" que pasa por Cambados

Con saída na Estrada ás 12:00 horas do día 11, o percorrido de La Vuelta contempla 157 quilómetros antes de chegar ao Monte Castrove, en Meis, final da décimo oitava etapa.
Despois de toda a cerimonia de saída, o pelotón encamiñarase cara a Cuntis, onde pasará sobre as 13:53 horas dirixíndose despois a Santa Lucía de Moraña (14:02) e Caldas de Reis (14:11). Dende alí proseguirán por Valga, Pontecesures e Catoira ata chegar a Vilagarcía (14:59), onde ascenderán o primeiro alto do día, o de Monte Lobeira (15:07) para encamiñarse cara a Vilanova (15:17) e Cambados (15:25).
Dende alí os ciclistas dirixiranse ata A Lanzada (15:51), onde tomarán a estrada costeira que lles levará a Portonovo (16:04) e Sanxenxo (16:05), seguindo despois o bordo da ría pola PO-308 para atravesar Poio (16:30) e chegar a Pontevedra (16:32), onde se encamiñarán de novo a Poio para encarar o tramo final da etapa.
Nesa parte final destaca o paso pola Escusa (16:46) para ascender por primeira vez o Monte Castrove (16:45) antes de descender cara a Samieira e Combarro (17:13) e volver encarar a ascensión, cunha chegada que se prevé cara ás 17:30 horas.


5 de agosto de 2014

CIFRAS ENGANOSAS NA FESTA DO ALBARIÑO






As cifras da Festa do Albariño de Cambados, que terminou antonte domingo, son máis baixas que nas edicións anteriores. O Concello e o consello regulador Rías Baixas calculan que as bodegas instaladas no Paseo dá Calzada venderon unhas 70.000 botellas (unhas 15.000 menos que en 2013), e que visitaron Cambados durante a Semana Grande unhas 150.000 persoas, unhas 50.000 menos que noutros anos.

O Concello tamén da o dato de 700 comensais no Xantar. Aquí e aínda que pareza mentira en vez de inflar os datos rebaixaos de maneira escandalosa. Foron máis de 800 os asistentes. E sabémolo porque alguén deixou tiradas as matrices das invitacións e so botando unha ollada comprobamos varios números ao azar e o máis alto era o 799, polo tanto votade contas. Ademáis o xoves o sr. alcalde acercouse ata a carpa para decirlle a xente que estaba a montar que serían 800 e que tiñan que facer varios trocos na montaxe.
Pon coma disculpa o cambio de mes e a ameaza de choiva para que os datos sexan menores que o ano pasado. Lembrarlle que o ano pasado tamén choveu,  e que o ano pasado tamén houbo cambio de mes. A baixada tamén se pode explicar na pésima programación de concertos que exceptuando a Juan Magan apenas mobilizaron xente.
En canto ao descenso de botellas vendidas a explicación é ben sinxela. A xente, sobre todo a  máis nova, ven a pasalo ben e a beber, polo tanto sae máis barato ir de botellón que ir aos stands a pagar unha botella.
O desfile do domingo foi presenciado por moi pouca xente comparando a anos anteriores e foi moi corto, sinal de que aínda participando máis confrarías como din desde o concello, cousa que tamén poñemos en dúbida, esas confrarías viñan con menos compoñentes que outros anos.




DOUS PREMIOS PARA O ROSAL E UN QUE QUEDA NA CASA







 

A Festa do Albariño de Cambados rematou co tradicional xantar albariñense, ao que asistiron máis de 800 comensais, dos que nunca se sabe quen paga ou non, onde se entregaron os premios da Cata Concurso Rías Baixas Albariño. Nesta ocasión o gañador foi o viño Abadía de San Campio da adega Terras Gauda do Rosal. Unha adega que xa fora recoñecida neste certame no ano 1993. 
O segundo premio foi tamén para o Rosal, para o Albariño Quinta de la Erre da adega do mesmo nome que rexenta o matrimonio José Santiago Rodríguez e Eva Rubal. Unha empresa esta, Quinta de la Erre, de recente creación, que aposta por manter a tipicidade da zona de Eiras, onde naceron os caldos do Rosal.
 A medalla de bronce quedou na casa; na adega Lagar de Costa, de Castrelo. Este recoñecemento premia o saber facer dunha adegueira nova que procede dunha familia de fonda raizame na viticultura. Xunto ca entrega de premios, cabe salientar neste xantar a lectura do pregón por parte do embaixador
xaponés Satoru Satoh; quen tamén ven de ser escollido Cabaleiro do Albariño. Xunto co embaixador, tamén estivo presidindo o xantar o Presidente da Xunta, que aproveitou o seu discurso para gabar, como pode ser doutro xeito, o traballo cada vez máis esixente de viticultores e adegueiros desta D.O..




4 de agosto de 2014

MÉRITOS PARA SER DAMA OU CABALEIRO DO ALBARIÑO





Neste imaxe podedes ver a un, que aínda que pareza mentira non se quedou a durmir onte durante a entrega das capas aos novos cabaleiros e damas do Albariño.
como fai habitualmente, nos plenos. Sería pola emoción de tan grande distinción sen máis méritos que a herdanza, non a de Zapatero ou do bipartito.
 Xente con máis méritos so teñen follas de prata e algúns nin eso. Pero ben sabedes que ter un carnét neste povo vale máis que o traballo e os anos adicados ao viño, sendo pioneiros na enoloxía e na asistencia a pequenos adegueiros. 
Un carnét non é mérito suficiente señores do Capítulo Serenísimo e Concello.




2 de agosto de 2014

VISITAS ESPECIAIS O DOMINGO EN CAMBADOS




Este domingo na Festa do Albariño agárdanse duas visitas especiais.
A primeira é a do sexto cabaleiro ou dama do albariño que tan en segredo manteñen o Capítulo Serenísimo coma o Concello. Trátase segundo fontes do Concello, dalguén da televisión que non confirmou a sua presenza por motivos da sua profesión. Sinceramente, sexa quen sexa non merece tal distinción si non pode confirmar a sua presenza. Unha vez nomeado ou avisado de que vai recibir tal distinción debería confirmar ou non a sua presenza.
Outra cousa pode ser que  quen guste nas institucións antes mencionadas non poida vir e estean a buscar substitutos e non os den atopado.

Outro que, segundo esas mesmas fontes pode vir sería o presidente Rajoy. Esto mantense en segredo pois de vir faría coma fai Feijóo nos últimos anos. Esto é dirixirse directamente ao Patio de Armas do Palacio de Fefiñáns para evitar escoitar os "vítores" e aplausos dos milleiros de fans que se reúnen nas rúas de Cambados para ver pasar a comitiva, desde o Concello ata o Palacio.

Por se acaso todos deberíamos ir a velos para expresarlles o noso cariño e admiración.

 



A FESTA DO ALBARIÑO HORA A HORA, DIA A DIA.....DOMINGO





DOMINGO 3 DE AGOSTO

Durante a mañá haberá alboradas a cargo dos grupos de gaitas, dando paso ao comezo das actividades deste día coa celebración do XXVIII Campionato de Chave do Albariño, no Complexo Deportico do Pombal ás 11.00 horas, e quince minutos máis tarde dará comezo no Parador de Turismo, a Cata Derradeira. Nesta xornada tamén se levará a cabo o o Túnel Profesional do Viño no horario habitual.

A apertura dos Stands para a degustación terá lugar a partir das 13.00 horas, e ao mesmo tempo na Casa do Concello, Recepción de Autoridades.

Ás 13.20 horas, saída do desfile do Capítulo Serenísimo do Albariño, acto que estará a cargo das Cofradías e Autoridades, amenizado polos grupos folclóricos municipais, e ás 13.45 horas no Patio de Armas do Pazo de Fefiñáns levarase a cabo o solemne acto de investidura das Damas e Cabaleiros do Albariño, durante o acto actuará a pianista Kawakami.
Ás 14.30 horas, Xantar do Albariño con lectura do pregón e nomeamento dos viños premiados. O acto estará amenizado pola actuación de Danzantes de Cobas e Os Carballeiras.

Ás 20.00 horas, na Praza de Fefiñáns, O Albariño dúas Máis Pequeniños co concerto de Petit Pop e multitude de actuacións infantís para os máis pequenos da casa.
A partir das 22.30 horas dará comezo a verbena coa actuación da orquesta Nebraska e á mesma hora na Praza de Fefiñans terá lugar o concerto da Banda de Música de Castrelo.

Chegada a medianoche no porto de Cambados, poñerase o broche final á LXII Festa do Albariño cun impresionante espectáculo de lucería.




A FESTA DO ALBARIÑO HORA A HORA, DIA A DIA....SÁBADO





SÁBADO 2 DE AGOSTO

Comeza o día con alboradas e grupos de gaitas, ás 11.00 horas, Cata Prima no Parador de Turismo, e desde as 11.00 ata as 13.30 horas terá lugar o Túnel Profesional do Viño. 


Ás 12.00 horas, no salón de Plenos do Concello, entrega de premios polo concurso de camisetas ás penas da Festa do Albariño,  
13.00 horas, actuación da charanga Os Jaláticos no Paso da Calzada, e ás 13.15 horas, no Pazo de Torrado, procederase ao solemne acto de hermanamiento entre o Capítulo Serenísimo do Viño Albariño, oficiado por máximos representantes das cofradías invitadas.
Durante a tarde volverase a visitar o Túnel Profesional do Viño desde as 18.00 ata as 20.30 horas, dando paso ás 20.30 horas, percusión e ritmos a cargo de Omar Percussion Group no Paseo da Calzada.

 
Ás 22.30 horas, na Pza. do Concello á celebración da verbena coas orquestas Ría de Vigo e M5. 

Ás 23.00 horas, Concerto do Albariño con Paolo Dumore e Juan Magán.

1 de agosto de 2014

O ÚNICO QUE DESPRESTIXIA A FESTA DO ALBARIÑO É O GOVERNO LOCAL




O mércores despois da concentración dos traballadores i usuarios da piscina municipal de Cambados, durante o acto de inauguración da Festa do Albariño, o sr. alcalde de Cambados acusaba a B.N.G. e PSOE de queres desprestixiar a festa por sumarse a protesta lexítima de 17 persoas que levan tres meses sen cobrar, camiño do cuarto.
Pois ben o único que está a desprestixiar a festa é o Partido Popular co noso alcalde a cabeza.
Despois do artigo DEZ ERROS NA FESTA DO ALBARIÑO (III), publicado onte, hoxe temos que sumar o malestar xeral da población local e visitante e colectivos que agora describimos.
Malestar nos veciños e visitantes porque o pleito entre Policía Local e alcalde está a costarlle cartos a xente de a pé pola desproporcionada cantidade de multas que dia tras dia está a impoñer a Policía Local. 
O concello no seu afán recaudatorio elimina aparcamentos para seren ocupados por atraccións e postos de venta varios. Ao que lle hai que sumar as restriccións levadas a cabo nas últimas semanas en varias rúas de Cambados.
Si a Policía Local multa para cumprir coas ordenanzas municipais, porque se ocupan zonas de aparcamento e non se habilitan outras?. 
Porqué non se é tan permisivo coma outros anos?.
A resposta e sinxela o pulso estao a gañar a Policía Local, sendo os perxudicados os veciños e visitantes. Así non era raro escoitar estes dous dias pasados cousa como: "queren que a xente veña a Cambados e saímos queimados", ou alguén con máis humor que decía..."entre viños e multas alá van..... euros"
O mesmo pódese decir do colectivo da hostelería. Varios emblemáticos locais non porán barras ou terrazas coma outros anos, por duas razóns. O suplemento de 600 euros que hai que pagar e pola, outra vez guerra entra a Policía Local e alcalde. A Policía Local e o governo local difieren nas características destas barras ou terrazas. O que para o alcalde é bo para a Policía Local non o é. 

Tamén un colectivo que está enfrontado entre sí e co alcalde e o dos taxistas, pero aquí a culpa é a partes iguais entre os autopatronos e concello.
Uns taxistas admiten licencias, 30 que se outorgaron dias pasados, extras para taxistas de fora durante un par de dias, e outros din que denunciarán aos taxistas foráneos. Este gremio leva anos dividido e o alcalde con esta decisión so axuda a abrir máis a ferida. E que conste que CORES DE CAMBADOS está de acordo coa medida, que axilizaría o transporte de visitantes nestes dias de tantísima afluencia a Cambados.

Outro colectivo que está en pé de guerra é o dos comerciantes que ven como algúns postos con productos similares aos deles son ubicados preto dos seus negocios. Non é lóxico que poñas un "chiringuito" de lambetadas i xelados, por exemplo, a carón dun quiosco cos mesmos productos, que paga os impostos todo o ano. Ou un posto de bocadillos a carón dunha bocatería.

Todo esto é polo que o alcalde que governe o ano que ven, se sente antes con todos os colectivos e tenten facer unha Festa do Albariño para disfrute de todos sen querer bater récords. E mellor unha festa máis pequena pero sen problemas ou, cando menos minimizando os erros o máximo posible.
  



31 de julio de 2014

A FESTA DO ALBARIÑO HORA A HORA, DIA A DIA ....VENRES





VENRES 1 AGOSTO

Comeza a xornada de festa con alboradas a cargo dun grupo de gaitas e de 11.00 a 13.30 horas, e de 18.00 a 20.30 horas terá lugar o Túnel Profesional do Viño organizado polo Consello Regulador da D.O. Rías Baixas, no Salón de Congresos e Esposiciones José Peña, a entrada será 15/persoa.


 Ás 13.00 horas, actuación da charanga Os Jaláticos no Paso da Calzada.
Pola tarde, ás 17.00 horas no Museo Etnográfico e do Viño, celebraranse as Xornadas Técnicas do Albariño, coa participación de diferentes expertos en cultivos, elaboración e comercialización do viño, e ás 20.30 horas, percusión e ritmos a cargo de Omar Percussion Group no Paseo da Calzada.


A partir das 22.00 horas na Praza do Concello, verbena popular coa actuación das orquestas Yuckatán e Camelot, e ás 23.00 horas, na Praza de Fenfiñáns, Concerto do Albariño coa actuación en directo de LA M.O.D.A e Kiko Veneno.




 

A FESTA DO ALBARIÑO HORA A HORA, DIA A DIA.....XOVES





XOVES 31 XULLO

LXII FESTA DO VIÑO ALBARIÑO
Alborada a cargo de grupos de gaitas.
11.00-13.30h//18.00-20.30h Túnel Profesional do Viño organizado polo Consello
Regulador da D.O. Rías Baixas, no Salón de Congresos e Exposicións José Peña.
15€/persoa.


11.30h Na biblioteca Casa dos Fraga, Obradoiro de elaboración de galletas con albariño para nenos. 


20.30h No Paseo da Calzada percusión e ritmos na rúa a cargo de Omar Percussion Group.


21.00h Espectáculo de rúa Action Clown na Praza de Alfredo Brañas, dentro do Proxecto Música con D.O., co patrocinio da Secretaría de Estado de Cultura do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.
22.30h Na Praza do Concello, actuación das orquestras INTERNACIONAL D ́TACÓN e DJ STUDIO 21.


22.30h Na Praza de Fefiñáns, XVII Gala do Albariño onde se fará entrega dos premios nos eidos de Cultura e Artes Plásticas, Empresarial, Deportes, Atención Social, Xornalismo e Comunicación Social.
 

23.00h Concerto do Albariño coa actuación dos artistas
CAFÉ QUIJANO e EDURNE .


30 de julio de 2014

A FESTA DO ALBARIÑO HORA A HORA, DIA A DIA ....MÉRCORES





Mércores 30 de Xullo

Comezan as festas no municipio de Cambados con alboradas a cargo dun grupo de gaitas e ás 13.00 horas no Paseo dá Calzada terá lugar a inauguración da LXII Edición dá Festa do Viño Albariño. 
Ás 13.15 horas abriranse os stands para a degustación dos caldos.
Pola tarde a partir das 20.30 horas nos Xardíns do

Pazo de Torrado haberá teatro infantil, "Os tres porquiños". Ás 22.30 horas na Praza do Concello dará comezo a  verbena a cargo das orquestas Israel e Acirema e ás 23.00 horas, na Praza de Fefiñáns, Concerto do Albariño con Iván Ferreiro e Delafé y las Flores Azules.