Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta CICLISMO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CICLISMO. Mostrar todas las entradas

9 de septiembre de 2020

SUSPÉNDESE A VOLTA A GALICIA POLA COVID

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, mantivo esta tarde unha reunión coa federación galega de Ciclismo e os clubs afectados, ao fin de analizar a situación da Volta a Galicia 2020. Pese aos esforzos realizados ata a data actual, a proba, de carácter estatal e aberta á participación de equipos procedentes doutras Comunidades Autónomas, non contaba cun protocolo específico de seguridade polo que, atendendo tamén á situación epidemiolóxica dalgúns concellos contemplados no itinerario desta edición, os asistentes decidiron primar a protección da saúde dos deportistas, público e da poboación en xeral, fronte a competición deportiva.
O secretario xeral trasladou asemade aos equipos ciclistas que dende o departamento da Xunta de Galicia seguirán traballando para que o Consejo Superior de Deportes proceda á regulación das competicións de ámbito estatal, para o que, apuntou Lete Lasa, “terán como ata o de agora a máxima e leal colaboración das autoridades de Galicia, e do conxunto do deporte galego”.


27 de septiembre de 2019

A BTT RUTA DO VIÑO UNIRÁ CAMBADOS CON MEIS


O proceso de inscrición estará aberto na páxina web da BTT Ruta do Viño Rías Baixas ata o próximo 17 de outubro. O prezo é de 10 euros para os federados e de 20 para as persoas que non o estean e inclúe o dorsal, os seguros, así como dous obsequios para os participantes: unha camiseta técnica conmemorativa, así como unha botella de viño de adegas asociadas ao Roteiro do Viño Rías Baixas. O percorrido, de 40 quilómetros, é de dificultade e media-alta. O itinerario que percorrerán os participantes pasará por diversas adegas asociadas de Meis e Cambados e os ciclistas pedalearán por varias zonas de viñedos e pasarán por lugares de interese como o Mosteiro de Armenteira ou o Monte Castrove, a subzona con maior concentración de viñedos e adegas da Rut do Viño Rías Baixas. A iniciativa conta, un ano máis, co apoio do Grupo Corte Inglés e cumpre co seu compromiso de promoción da enogastronomía no territorio. Ao grupo de colaboradores unirase tamén o Concello de Meis, que facilitará labores loxísticos e de atención aos participantes.




7 de julio de 2019

O CAMBADÉS ÁNGEL SÁNCHEZ SUPERA A MIGUEL INDURÁIN


Miguel Indurain e Claudio Chiappucci demostraron no muro do Ézaro que se manteñen en forma, sobre todo o exciclista profesional español, que afrontou o roteiro longo do Gran Fondo Ézaro, onde repetiu triunfo o portugués David Vaz seguido do cambadés Ángel Sánchez. No roteiro curto, na que competiu o italiano Chiapucci, a vitoria foi para Tiago Fernandes. Máis dun milleiro de ciclistas provintes de todos os puntos de España e doutros países empezaron a desfilar sobre as súas bicicletas ás nove da mañá, tras os vehículos e motocicletas da Garda Civil de Tráfico que os escoltaron á saída, un espectáculo que os veciños deste pequeno pobo puideron gozar asomados ás xanelas e balcóns. Todos compartiron unha afección que cada ano dáse cita na localidade da Costa da Morte, afeito cada vez máis a recibir turistas fascinados polas súas praias, a súa paisaxe, case pintado aos pés do monte Pindo, coñecido como o olimpo celta, pero sobre todo pola súa fervenza, a única de Europa que desemboca no mar.
Vaz, do Club Amigos do Desporto, acabou o roteiro longo en primeira posición tras alcanzar a meta en 3 h38:02 e completou a faena co mellor tempo na subida ao Ézaro (08:35), case con medio minuto de vantaxe sobre Ángel Sánchez (09:02). Miguel Indurain, co dorsal 123, afrontou o roteiro longo cun digno tempo de 4 h13:16, a máis de 31 quilómetros por hora de media, e investiu 13:39 en subir ao Miradoiro do Ézaro. Claudio Chiappucci, en cambio, optou polo roteiro curto e finalizouna cun tempo de 2 h08:07ou e 14:27 na subida ao Ézaro. Nesa distancia impúxose Tiago Fernandes cun tempo de 1 h55:15. Mellor que Indurain e Chiappucci fíxoo o tamén exciclista profesional Pável Tonkov, que subiu o muro en 10:16, mentres que o gañador do Tour de Francia Óscar Pereiro quedou en 15:59. Completar o belo percorrido polas estradas da Costa da Morte e a subida ao Ézaro, que xa se exhibiu na Volta a España, é todo un éxito.





13 de junio de 2019

MASIVA E IMPORTANTE PARTICIPACIÓN NO TRÍATLON DE CAMBADOS

O próximo sábado 15 de xuño dende as 17:00 horas, na praia de Santo Tomé e co Pazo de Monte Sacro como telón de fondo terá lugar o IV Tríatlon Popular Concello de Cambados.
O consistorio cambadés acolleu na xornada de onte a presentación da proba. Á cita para dar a coñecer o evento acudiu o técnico de deportes Municipal, Alfredo Oliveira. O concelleiro delegado de servizos, enseñanza, patrimonio, cultura, deporte e normalización lingüística, Víctor Caamaño. En representación da Fegatri, Enrique Hernández, Delegado Provincial de Pontevedra. Por parte de Lodeco, empresa organizadora, acudiu Miguel Fernández.
Este tríatlon entra dentro do calendario galego de probas de promoción. No que poden participar deportistas que non posean licenza federativa, podendo tomar parte na mesma, aboando o importe da licenza de un día. Así mesmo tralo recente acordo entre a Federación Galega de Ciclismo e a Fegatri. Poderán tomar parte na proba os deportistas que posean a Licenza de Ciclismo.
A proba que se disputara en distancia Sprint, conta cunha gran saúde entre os triatletas da nosa comunidade. Proba delo, é que as duascentas prazas dispoñibles completaronse en pouco tempo trala apertura das inscricións.


10 de junio de 2019

O BAIRRADA PORTUGUÉS ARRASA NO "MEMORIAL TETO"



Por terceira vez nos últimos catro anos o Bairrada portugués adxudicouse a Ruta do Albariño - Memorial Modesto Sánchez Alba 'Teto'. Na sétima edición desta proba para corredores sub21, júnior e féminas o conxunto da localidade lusa de Aveiro ofreceu un recital. Dominou a xeral individual logrando os dous primeiros postos, venceu por equipos, na Montaña, nas Metas Volantes e anotouse as tres etapas que se disputaron.
O desenlace da última xornada resume o acontecido nas estradas da comarca do Salnés durante toda a fin de semana. O líder Julián Espinoza e o seu compañeiro de equipo Diogo Narciso entraron na liña de meta de Cambados collidos da man despois de ter lanzado un ataque definitivo no treito final dos 91 quilómetros de percorrido. 
Antes de que o Bairrada impuxera a súa lei, seis corredores intentaron sorprender á estrutura lusa. Formaron unha escapada na terceira das catro voltas ao circuíto en torno a Cambados e chegaron a dispoñer de 40 segundos de vantaxe. Esta fuga aproveitouna Manuel Rodríguez (Ponteareas) para coroar en cabeza a terceira ascensión ao alto de Padrenda e Daniel Sanín (Cambre-Caeiro) para pasar en primeira posición pola segunda Meta Volante do día. 
O traballo de persecución do equipo que defendía o maillot amarelo deu os seus froitos e o propio Espinoza saltou do pelotón xunto a Narciso na última subida a Padrenda. A aceleración destes dous juniors non atopou resposta. Ademais de asinar un dobrete na meta de Cambados, co costarricense Espinoza cedéndolle o triunfo ao portugués Narciso, os 16 segundos de renda que obtiveron sobre o pelotón servíronlle ao gañador da etapa para arrebatarlle a Jesús Antonio García (Arte en Transfer-LPS) a segunda praza na xeral. 

Homenaxe a 'Teto'
Na cerimonia de podio o Bairrada acumulou premios: Espinoza, vencedor dos dous sectores celebrados na primeira xornada, recibiu a Folla de Albariño de Prata como primeiro na xeral do tríptico; Espinoza anotouse as Metas Volantes; Joao Macedo, a Montaña; e o conxunto de Aveiro gañou por equipos. 
O outro triunfador foi Ramón Fernández (Aleata-Farto), mellor galego na clasificación final. De entregar os trofeos encargáronse Carlos López Font, deputado de Facenda da Deputación de Pontevedra; Víctor Caamaño, concelleiro de Deportes de Cambados; Lourdes Ucha, alcaldesa de Meaño; Pilar González, concelleira de Deportes de Meaño; Ernesto Falcón, presidente do Club Ciclista Cambados; e Juan Carlos Muñiz, presidente da Federación Galega de Ciclismo. 
O broche a dúas xornadas de ciclismo na comarca do Salnés púxose coa homenaxe en memoria de Modesto Sánchez Alba 'Teto'. Cristina e Modesto, fillos dunha das grandes personalidades históricas deste deporte en Galicia, subiron ao podio no emotivo recoñecemento que a caravana da Ruta do Albariño brindoulle un ano máis ao seu pai. 

5 de junio de 2019

VII RUTA DO ALBARIÑO. MEMORIAL MODESTO SÁNCHEZ "TETO"



Mañá ás 13:30 representantes dos concellos de Meaño e Cambados, así como da Deputación e Federación Galega de Ciclismo, presentán no salón de plenos de Cambados a nova edición da Ruta do Albariño de Ciclismo, "Memorial Modesto Sánchez Alba, Teto".
Esta carreira disputarase o sábado e domingo próximos. O sábado terá dous sectores, unha cronoescalada e unha etapa en ruta de 165 kms con saída e meta en Meaño.
Xa o domingo disputarase a segunta etapa en ruta con saída e chegada en Cambados.





8 de agosto de 2018

MILLA URBANA E CICLISMO ESTE SÁBADO EN CAMBADOS


A Concellería de Deportes do Ilmo. Concello de Cambados informa que o vindeiro venres, día 10 de agosto, a partir das 19:00 da tarde no Paseo Marítimo de Cambados, disputarase a XXVI MILLA E DOBLE MILLA URBANA DO ALBARIÑO. A proba contará con varias carreiras por idades coas súas respectivas distancias: @s nen@s de 10 a 13 anos correrán 800m, @s de 14 a 18 anos, 800m, @s veteran@s (maiores de 36 anos) correrán unha milla (1609m), e a categoría absoluta (de 18 a 35 anos) unha doble milla (3218m). Para estes últimos haberá premios en metálico e trofeos e medallas para os primeiros clasificados de cada categoría.
A inscrición podese facer no mesmo lugar da proba ata media hora antes do inicio da mesma (18:30 h.) e tamén e de 09:30 a 14:00 horas no teléfono 607 51 84 38 (Alfredo V. Oliveira)

Podedes consultar o Regulamento e Categorías da proba no seguinte enlace:
http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar&view=event&id=6048&date=20180810
O sábado, día 11 de agosto, será o día do ciclismo, posto que se disputa o L GRAN PREMIO CICLISTA DO ALBARIÑO. A partir das 17:00 da tarde e no circuito urbano de Cambados, tódolos siareiros poderán gozar do deporte do pedal con categorías Junior, Escuelas, Cadete, Junior Fem., Cadete Fem., Sub23 Fem., Élite Fem.


27 de mayo de 2018

DOMINIO PORTUGUÉS NA RUTA DO ALBARIÑO





O portugués Daniel Noreña ( Bairrada) foi o mellor do día entre o centenar de ciclistas de categoría junior e sub 20 que disputan a VI Ruta do Albariño Memorial Modesto Sánchez Alba. Noreña aproveitou a súa vitoria na crono para obter unha renda que ningún dos seus rivais puido recortar na etapa en liña.

A primeira das dúas xornadas desta Ruta do Albariño constou de dous sectores: unha cronoescalada en sesión matinal de tres quilómetros entre Meaño e o Alto do Busto que encumbraron ao portugués como primeiro líder ao impoñerse cun tempo de 09:31 minutos. Noreña superou aos seus compatriotas do equipo Seissa: Gonçalves e Carvalho, e ao tamén portugués Daniel Dias ( Maia) que foi cuarto.

O mellor dos galegos no ascenso foi o porriñés do Cidade de Lugo, Jorge Suarez que foi quinto a 29 segundos do líder.

Suarez soubo poñer a proba a fortaleza de Noreña no segundo sector do día. Foron 63 kilometros dunha etapa en liña con saída e chegada en Meaño e un longo paso pola peninsula do Grove. Aínda que os intentos de romper a harmonía no pelotón sucedéronse, ningunha escapada chegou a superar o minuto de diferenza. A consistencia da formación do líder controlando en todo momento a carreira se vió beneficiada polo vento favorable ao paso por San Vicente do Mar e A Lanzada, zonas nas que o vento lateral pode provocar fracturas no grupo.

Pero nin esas circunstancias nin o ascenso ao Monte Bouza, a única cota de terceira do día a 16 quilómetros de meta puideron evitar unha chegada masiva á liña de meta con vitoria esteril de Suarez en canto a tempos na xeral ao cruzou a linea secundado polo líder .

Martín Soutullo, o ciclista júnior do Carballo foi o vencedor no sprint masivo da terceira e definitiva etapa da VI Ruta do Albariño disputada en Cambados. O portugués Daniel Noreña (Bairrada) acabou como gañador final da serie tras administrar a renda de tempo obtida na cronoescalada do primeiro día.

Cambados albergou a última xornada cun trazado esixente de 92 quilómetros e catro pasos polo alto de Padrenda de terceira categoría que estaban chamados a ser o escenario de intentos de romper a hexemonía do líder. Os intentos de fuga producíronse desde o primeiro instante aínda que ningunha chegou a alcanzar o minuto de diferenza aínda que foron elevando a media ata os 41 quilómetros por hora finais. A escuadra do Bairrada controlou en todo momento as distancias sabendo que a excepción do tamén portugués Helder Gonçalves ( Seissa), a dez segundos do primeiro clasificado, o resto de rivais atopábanse a medio minuto de diferenza.
Con esta cómoda vantaxe e a fortaleza do equipo de Noreña a pelexa centrouse nos premios de meta volante e a montaña que serían finalmente para Rodrigo Caixas (Bairrada) e Rafael Torres (Seissa), respectivamente.
A destacada participación galega saldouse co triunfo na segunda etapa de Jorge Suárez ( Cidade de Lugo) que sería o vencedor final da clasificación dos galegos.
Pola súa banda, a vitoria na meta de Cambados de Martín Soutullo permítelle facerse coa camisola de líder da Copa Galicia de estrada da categoría júnior.

Publicado por: F.G. Ciclismo




23 de mayo de 2018

PRESENTADA NA DEPUTACIÓN A VI RUTA DO ALBARIÑO




A Deputación amosa o seu apoio ao deporte na presentación da VI Ruta do Albariño que discorrerá polo Salnés e polo Concello de Poio


A proba de ciclismo, que terá lugar os días 26 e 27 de maio, está destinada ás categorías de Júnior e Sub 20


A Deputación de Pontevedra, xunto a Federación Galega de Ciclismo, o concello de Meaño e Cambados e o Club Ciclista de Cambados presentaron hoxe, a VI Ruta do Albariño destinada a ciclistas das categorías Júnior e Sub 20, procedentes de Galicia, España e Portugal. A actividade, que se levará a cabo nas comarcas do Albariño, conta con tres etapas que serán recorridas os días 26 e 27 de maio. O acto de presentación asistiron o Presidente da Federación de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz; a alcaldesa de Meaño, Lourdes Ucha; o concelleiro de Deportes de Cambados, Víctor Caamaño; e o presidente do Club Ciclista Cambados, Ernesto Falcón.
A alcaldesa de Meaño agradeceu a Deputación a súa colaboración para o desenvolvemento desta proba ciclista o traballo conxunto das dúas administracións para a promoción do deporte e a dispoñibilidade para facer a presentación da proba no Pazo Provincial. Igualmente, o presidente da Galega subliñou a importancia da colaboración da Deputación nunha proba adicada a rapaces e rapazas. Ernesto Falcón, pola súa banda, detallou os tramos máis difíciles que vai ter o percorrido da proba que "é moi esixente"  pero que gusta moito aos máis pequenos e pequenas. Pola súa banda, Víctor Caamaño destacou que para o Concello de Cambados está proba ciclista é importante pero que o mesmo tempo é un escaparate para toda a comarca do Salnés.
Durante a presentación, que tivo lugar no Pazo Provincial da Institución Provincial, a deputada de deportes, Chelo Besada, amosou o seu orgullo e compromiso coas actividades deportivas da provincia sinalando que "dende a Deputación traballamos a diario para poñer en marcha actividades que promovan o deporte nos distintos ámbitos da sociedade, converténdoo deste modo nun eixo prioritario para a Institución". Besada tamén resaltou a importancia que teñen este tipo de eventos para destacar o atractivo turístico da provincia.
O grupo de ciclistas iniciarán a ruta o sábado as 11 de mañá cunha primeira etapa de tres quilómetros entre Meaño e o alto do Busto. A segunda etapa, que terá lugar ese mesmo día pola tarde, será de 63 quilómetros nos que percorrerán os concellos de Meaño, O Grove, Sanxenxo e Poio. O domingo porase fin a esta actividade cunha última etapa de 92 quilómetros, que terá o seu inicio e a súa fin no concello de Cambados.


25 de noviembre de 2017

A OCEAN LAVA GALICIA VOLVE A CAMBADOS










Ocean Lava Galicia e toda a familia Ocean Lava Planet están a traballar para ofrecer importantes novidades para 2018. As series Ocean Lava seguirán en Galicia en 2018. Con nova data, 29 de abril, na mesma sede Cambados e con algún retoque, disputarase a segunda edición do Ocean Lava Galicia. Ademais como gran novidade da franquía para 2018, Lanzarote acollerá o 27 de Outubro a gran final das Ocean Lava Planet World Series, que constarán de 17 eventos repartidos en 13 paises..

Mercores 29 de Novembro abrirán as inscripcións.
Na páxina de facebook dalle a  ata as 
10:00 dese día e comparte e gaña unha inscrición gratis.






6 de septiembre de 2017

UN CAMBADÉS FAVORITO NA OCEANLAVA QUE SE DISPUTA O PRÓXIMO DOMINGO EN CAMBADOS











O próximo 10 de setembro celebrarase en Cambados a primeira edición do Ocean Lava Galicia onde máis de 240 inscritos participarán nas dúas distancias que ofrece a proba.

A proba comezará ás 8:30 da mañá na vila pontevedresa de Cambados, cunha natación en liña entre os portos de San Tomé e Tragove. A natación será a mesma para as dúas distancias. Posteriormente o sector ciclista desenvolverase cun tramo de ligazón, sobre un circuíto esixente, que será a 4 voltas para a distancia half (90 km) e 2 voltas (47,4 km) para a distancia 60.0 ambos os circuítos sen drafting.

Por último, a carreira a pé será a unha soa volta para as dúas distancias, é o tramo onde se percorrerá parte da Ruta Pai Sarmiento, coa peculiaridade de que se abandonará territorio continental na distancia half, para entrar na Illa de Arousa e volver novamente a Cambados.

En canto aos favoritos na categoría feminina estará presente Alice Hector que vén de gañar o Ocean Lava Madeira e  e do Ironman 70.3 de Rügen 2016é a máxima favorita para a proba en distancia 113.

En canto á participación masculina Nicolás Dominguez e o triatleta local Miguel Daporta son os favoritos para conseguir o primeiro título da proba.

Kenneth Gasque, director de Ocean Lava e organizador durante xa 26 edicións do Ironman de Lanzarote, estará proximamente en Galicia para presentar a proba e coordinar coa organización do evento todos os dispositivos para que a estrea no noroeste peninsular da franquía sexa un éxito.







9 de agosto de 2017

CICLISMO E MILLA URBANA ESTA FIN DE SEMANA








A Concellería de Deportes do Ilmo. Concello de Cambados informa que o vindeiro venres, día 11 de agosto, a partir das sete da tarde no Paseo Marítimo de Cambados, disputarase a XXIII MILLA E DOBLE MILLA URBANA DO ALBARIÑO. A proba contará con varias carreiras por idades coas súas respectivas distancias: os nenos de 10 a 13 anos correrán 800m, os de 14 a 18 anos, 800m, os veteranos (maiores de 36 anos) correrán unha milla (1609m), e a categoría absoluta (de 18 a 35 anos) unha doble milla (3218m). Para estes últimos haberá premios en metálico e trofeos e medallas para os primeiros clasificados de cada categoría.

O sábado, día 12 de agosto, será o día do ciclismo, posto que se disputa o XLIX GRAN PREMIO CICLISTA DO ALBARIÑO. A partir das cinco da tarde e no circuito urbano de Cambados, tódolos siareiros poderán disfrutar do deporte do pedal con categorías dende cadete a xuvenil.







18 de junio de 2017

ABNER GÓNZÁLEZ GAÑA A RUTA DO ALBARIÑO MÁIS INTERNACIONAL











A V Ruta do Albariño - Memorial Modesto Sánchez Alba 'Teto' para ciclistas juniors e sub20 pechou este domingo en Cambados a súa edición máis internacional. A última xornada tivo como grandes triunfadores a dous corredores procedentes do outro lado do Atlántico. O arxentino Marcos Méndez (Arte en Transfer - León) venceu nunha chegada masiva e o portorriqueño Abner Alejandro González (Cidade de Lugo - Esturión) certificou a súa vitoria na clasificación xeral final. 
O líder presentábase no desenlace deste tríptico con 13" de vantaxe sobre o portugués Victor Ocampo (Bairrada) e con outros catro corredores a menos de 1 minuto. Nas tres voltas ao circuíto de 23 quilómetros pola contorna de Cambados, Abner González tivo que facer fronte aos constantes ataques dos seus principais rivais. Un deles, Iñigo Rodríguez (DipuLeón - Bembibre), quedou eliminado no primeiro paso por meta tras sufrir unha caída. 
Na última volta entrouse co pelotón compacto despois de que os portugueses Sandro Branco (Nicolau) e Carlos Vale (Seissa) se anotaran as dúas Metas Volantes, e Abel Franco (Ponteareas) e Marcos Méndez encabezaran a proba nas dúas primeiras ascensións ao alto de Padrenda, de terceira categoría. Aos intentos de fuga custoulles consolidarse ata que o conseguiu Bautista Cancelo (Arte en Transfer - León). A súa escapada chegou a contar con 40" de vantaxe e antes do inicio da última subida a Padrenda uníronselle Antonio Almeida (Bairrada), Fabio Costa (Barcelos) e Roi Domínguez (Fundación Óscar Pereiro).
Final ao sprint
O grupo principal anulou esa aventura no treito final e 38 ciclistas protagonizaron un sprint na Avenida de Galicia, onde o sub20 arxentino Méndez superou a Diogo Vieira (Tensai) e a Martín Soutullo (Carballo a un Paso). O líder defendeuse con éxito e Abner González deulle o triunfo na xeral a Puerto Rico, o país  que confiou no Cidade de Lugo - Esturión para que este júnior de primeiro ano prepare do mellor xeito o vindeiro Mundial e os Juegos Panamericanos.
O corredor da formación lucense estivo escoltado no podio polos portugueses Ocampo e Pedro Lopes (Seissa), segundo e terceiro respectivamente. No resto de clasificacións, Méndez levouse a Montaña, Branco as Metas Volantes, Jesús Rodríguez (Cidade de Lugo - Esturión) o maillot de primeiro galego, Paula Sanmartín (Bioracer - Elmet) foi a mellor muller e o Seissa gañou por equipos. 
A entrega de premios comezou cunha homenaxe da organización deste evento a Modesto e a Cristina, os fillos do inesquecible 'Teto'. Neste acto no que tomou a palabra o organizador da proba Ernesto Falcón, presidente do Club Ciclista Cambados, tamén participaron Fátima Abal, alcaldesa de Cambados; Víctor Caamaño, Concelleiro de Deportes e José Manuel Flores, vicepresidente da Federación Galega de Ciclismo.  


Clasificacións

Fonte:F.G.C.









DOMINIO ESTRANXEIRO NA PRIMEIRA XORNADA DA RUTA DO ALBARIÑO











A quinta edición da Ruta do Albariño - Memorial Modesto Sánchez Alba 'Teto' para corredores juniors e sub-20  arrancou este sábado con dúas vitorias de ciclistas de fóra de Galicia. O portorriqueño Abner Alejandro González (Cidade de Lugo - Esturión) adxudicouse a cronoescalada matinal no alto do Busto e pola tarde defendeu a súa camisola de líder na chegada a Meaño, onde se impuxo o portugués Pedro Lopes (Seissa). Este tríptico é puntuable para o ranking da Real Federación Española de Ciclismo (RFEC) e para a Copa Galicia Júnior.
Nos 3 quilómetros de ascensión ao alto do Busto, González exhibiu as súas dotes de escalador.  Este corredor júnior de primeiro ano marcou un tempo de 9 minutos e 16 segundos, rebaixando en 13" o rexistro do luso Víctor Ocampo (Bairrada) e en 18" o do seu compañeiro na estructura lucense Jesús Rodríguez. Abel Franco (Ponteareas) e Pedro Lopes (Seissa), ambos a 19" do gañador, completaron os cinco primeiros postos. 
Acento luso en Meaño
Baixo unha intensa calor, os preto de 100 participantes da Ruta do Albariño volvéronse subir á bicicleta pola tarde para disputar unha etapa en liña de 54 quilómetros con saída e chegada en Meaño. Sandro Branco (Nicolau) ocupou a primeira posición na Meta Volante de O Grove (14 km) e no posterior traxecto ata Sanxenxo formouse unha escapada de nove unidades.
Esta fuga foi neutralizada nas primeiras ramplas do alto de San Benito, de 3ª categoría. Polo seu cumio, ubicado a 8 km da chegada, pasou en cabeza Marcos Omar (Arte en Transfer - León) cuns segundos da vantaxe. O pelotón atrapouno antes de que a tres quilómetros para o final arrancaran Pedro Lopes, Víctor Ocampo e o líder González. No final en costa en Meaño, o júnior do Seissa superou ao sprint aos dous primeiros da xeral. O grupo principal entrou 6" máis tarde. 
Cunha renda de 13" sobre Ocampo, o portorriqueño González afronta o desenlace desta mini volta. A última etapa porase en marcha este domingo en Cambados ás 10:30 horas. O pelotón desta rolda terá que dar tres voltas a un circuíto de 23 quilómetros no que se ascende a Padrenda, puntuable de 3ª categoría. Nos dous primeiros pasos pola Avenida de Galicia de Cambados repartiranse puntos para a clasificación das Metas Volantes e no terceiro coñecerase ao vencedor da xornada e da xeral desta carreira que homenaxea a figura de Modesto Sánchez Alba 'Teto'. 


Fonte: F.G.C.




17 de junio de 2017

O CICLISTA CAMBADÉS ÁNGEL SÁNCHEZ GAÑA EN PORTUGAL











O cambadés Ángel Sánchez, do W52-FC Porto, impónse no Sabugal na segunda etapa do Grande Prémio Abimota tras aventaxar en tres segundos na liña de meta ao seu compañeiro de escapada.


O cambadés Ángel Sánchez (W52-FC Porto) acadou a vitoria na segunda etapa do Grande Prémio Abimota tras meterse na escapada do día e impoñerse na liña de meta a Henrique Casimiro (Efapel). Ademáis, o ciclista galego asume o mando da clasificación das metas volantes.

A segunda etapa da 38ª edición do Grande Prémio Abimota tiña 144,5 quilómetros entre Penamacor e o Sabugal, con só un porto de montaña. Na escapada boa, cinco corredores, entre eles Ángel Sánchez. A falta de 25 quilómetros, Ángel Sánchez, xunto con Henrique Casimiro (Efapel), deixaron atrás os compañeiros de fuga para xogarse entre os dous a vitoria de etapa.

O cambadés triunfou na liña de meta cun tempo de 3h:36:10 (unha media de 40,108 kms/h) e con 3 segundos de vantaxe sobre Casimiro, co pelotón case enriba dos dous escapados a tan só 7 segundos. Na clasificación xeral, Ángel Sánchez é noveno a 2,22 do líder, o español Vicente García de Mateos (Louletano-Hospital de Loulé).








14 de junio de 2017

V RUTA DO ALBARIÑO ESTA FIN DE SEMANA EN CAMBADOS E MEAÑO










Este fin de semana, 17 e 18 de xuño os concellos de Meaño e Cambados engalanaranse para recibir a V Ruta do Albariño.
O presidente da Federación Galega de Ciclismo destacou unha importante participación nesta proba, e agradeceu tamén a promoción do deporte nas categorías junior. Esta edición é un tributo a Modesto Sánchez Alba, máis coñecido como "Teto". 

Polas estradas da comarca do Salnés rodará durante esta fin de semana un pelotón de máis de cen corredores. A Ruta do Albariño – Memorial Modesto Sánchez Alba ‘Teto’ celebra a súa quinta edición sendo fiel ao seu formato habitual. Os ciclistas das categorías júnior, sub20 e feminina disputarán tres etapas en dous días con Meaño e Cambados como puntos neurálxicos desta mini volta.
A cita organizada polo Club Ciclista Cambados e a Federación Galega de Ciclismo (FGC) abrirase o sábado ás 11:00 horas cunha cronoescalada de 3 quilómetros ao alto do Busto. Despois do aperitivo matinal, pola tarde será a quenda da primeira proba en liña. Ás 16:00 horas os corredores poranse en marcha desde Meaño para completar un percorrido de 54 quilómetros coa Meta Volante do Grove (Km 14) e o alto de 3ª categoría de San Benito (Km 46) como puntos quentes antes de alcanzar a liña de meta da rúa Desiderio Dóvalo na vila meañesa.
O desenlace da Ruta do Albariño chegará a partir das 10:30 horas do domingo en Cambados con tres voltas a un circuíto de 23 quilómetros no que se ascende a Padrenda, puntuable de 3ª categoría. Nos dous primeiros pasos pola Avenida de Galicia de Cambados repartiranse puntos para a clasificación das Metas Volantes e no terceiro coñecerase ao vencedor da xornada e da xeral do tríptico.
Dezasete equipos
Entre os dezasete equipos que confirmaron a súa presenza hai oito galegos: Cortizo – Anova, Ponteareas, Cidade de Lugo – Esturión, Carballo a un Paso, Farto, Cambre – Caeiro, Autrónic – Vigués e Fundación Óscar Pereiro. Do resto de España contarán con representanción o Dipuleón – Bembrive, Arte en Transfer – León, Alberto Contador e Bioracer – Elmet, mentres que o ciclismo portugués aporta cinco formacións: Bairrada, José Maria Nicolau, Barcelos, Seissa e Tensai.
Precisamente un ciclista luso, Joao Almeida, anotouse o triunfo final o pasado ano. A Ruta do Albariño mantén a súa condición de proba puntuable para o ranking da Real Federación Española de Ciclismo (RFEC) e esta temporada tamén é valedoira para a Copa Galicia Júnior. O certame autonómico chega ao Salnés liderado por Guillermo García (Bathco), que supera en 8 puntos a Brais García (Cambre – Caeiro) e en 14 a Martín Soutullo (Carballo a un Paso).
O acto de presentación tivo lugar no salón de plenos do Concello de Cambados e nel participaron Víctor Caamaño, concelleiro de deportes de Cambados;  Lourdes Ucha, alcaldesa de Meaño; Ernesto Falcón, presidente do Club Ciclista Cambados; e Juan Carlos Muñiz, presidente da FGC.
Desde a organización agradécese especialmente a aposta de Meaño e Cambados por esta carreira, así como a colaboración dos voluntarios de Protección Civil, das policías locais, da Garda Civil, das empresas patrocinadoras e dos concellos de Sanxenxo e O Grove, municipios de paso das etapas.







2 de junio de 2017

IV MINI BTT CONCELLO DE CAMBADOS











O domingo 4 de xuño a partir das 11:00 horas o Monte da Pastora acollerá a cuarta edición desta proba que forma parte do Campionato Galego de mini BTT.
A proba é organizada polo C.C. Corbelo de Sanxenxo e o Concello de Cambados, e agardan contar con 300 participantes nas categorías Promesa Fem., Promesa, Principiante Fem., Principiante, Prebenjamin Fem., Prebenjamin, Infantil Fem., Infantil, Alevín Fem., Alevín, Cadete Fem., Cadete









31 de mayo de 2017

ABERTA A INSCRICIÓN PARA O II TRIATLÓN DE CAMBADOS













Xa están cubertas todas as plazas. 200 corredores inscritos


A Federacion Galega de Triatlón no seu calendario de probas do 2017 ten programado para  o próximo 24 de Xuño o II Triatlon modalidade Sprint (750 m a nado, 20 Km en bicicleta e 5 Km correndo) organizado polo Excmo Concello de Cambados a través da sua concellería de Deportes.





Este Triatlón de Cambados naceu polo interese de 8 corredores locales que lle amosan o Concello a posibilidade de facer unha proba en Cambados, a predisposición é total e absoluta. 

Tralo éxito da primeira edición a organización agarda seguir crecendo e facer da proba un referente das probas deste tipo en Galicia.

A organización prevé que as 200 plazas para participantes se cubran en poucos dias ao igual que aconteceu na primeira edición.

O percorrido da proba é o mesmo que o do ano pasado e que tan boas críticas acadou por parte dos participantes.





Tarifas
FEDERADOS MAIORES
Fecha hasta 20/06/2017 23:59
12, 00 €
FEDERADOS CADETES
Fecha hasta 20/06/2017 23:59
Gratuita
MAIORES NON FEDERADOS
Fecha hasta 20/06/2017 23:59
24, 00 €
CADETES NON FEDERADOS
Fecha hasta 20/06/2017 23:59
6, 00 €
- 



REGULAMENTO:
ENLACE INSCRICIÓNS:







20 de marzo de 2017

GUSTAVO VELOSO VENCEU CLÁSSICA DA PRIMAVERA











O galego Gustavo César Veloso (W52-FC Porto) gañou hoxe en Póvoa de Varzim, a 21ª edición da Clássica da Primavera portuguesa, unha carreira de 147 quilómetros.
A carreira Poveira, con sete ascensións ao Monte S. Félix, e unha breve subida de adoquíns, decidiuse no chairo. "Eramos unha fuga grande que tivo equipos con máis representantes que nós. Así que tratamos de endurecela de lonxe, deixar o grupo, para que o traballo do equipo non fóra tan importante. Eramos tres homes por diante e, no chairo, gañei algúns metros e logrei vencer. Aínda non estou no meu mellor momento, pero sinto mellor que o ano pasado neste momento", dixo o arousán.
Outros corredores galegos tamén tiveron unha destacada actuación. O estradense Alejandro Marque (Sporting Tavira) ocupou a cuarta praza, a 1:19 de Veloso, e o cambadés Ángel Sánchez (W52-FC Porto) a decimoquinta, a 3:24 do seu compañeiro. 
Clasificación xeral

1.º - Gustavo Veloso (W52-FC Porto-Mestre da Cor), 3h38m36s
2.º - Omar Mendoza (Equipo Bolivia), a 51s
3.º - Domingos Gonçalves (RP-Boavista), mt
(…)
7.º - Samuel Caldeira (W52-FC Porto-Mestre da Cor), a 3m14s
8.º - Daniel Freitas (W52-FC Porto-Mestre da Cor), mt
15.º - Ángel Sánchez Rebollido (W52-FC Porto-Mestre da Cor), a 3m24s
21.º - Juan Ignacio Pérez (W52-FC Porto-Mestre da Cor), a 3m58s
26.º - João Rodrigues (W52-FC Porto-Mestre da Cor), a 4m
32.º - António Carvalho (W52-FC Porto-Mestre da Cor), mt
40.º - Jacobo Ucha (W52-FC Porto-Mestre da Cor), mt
43.º - Tiago Ferreira (W52-FC Porto-Mestre da Cor), a 5m54

Clasificación por equipos

1.º - W52-FC Porto-Mestre da Cor, 11h02m16s
2.º - RP-Boavista, 11h03m10s
3.º - Sporting-Tavira, 11h03m41s


Foto: FPCiclismo









20 de agosto de 2016

O LUNS PASA "LA VUELTA" POLA NOSA COMARCA









A etapa comeza cruzando a ría de Pontevedra, que como as outras rías é un val alagado polo mar durante o desxeo da última fase glaciar. As recortadas costas galegas lémbrannos así que na Terra todo está conectado, desde os glaciares do Ártico ata os cultivos galegos de mexillón.

Algunhas das rías forman paisaxes moi complexas, porque alí funcionan simultaneamente as correntes mariñas, as ondas, as mareas, os ríos e o vento. Por iso, ao longo da costa sucédense promontorios que se internan no mar e enseadas onde se acumula a area. Un exemplo é a praia e as dunas da Lanzada, formadas grazas sobre todo aos ventos do oeste, pero tamén á area formada polo continuo transporte e desgaste das ondas.



Aínda máis inmenso e máis rechamante é o caso do tómbolo do Grove, unha illa e unha barreira de area crearon un espazo protexido da ondada, onde entran e saen as mareas: o Complexo Intermareal Umia-O Grove. Este é un exemplo perfecto da estreita relación entre a geodiversidad e a biodiversidade. Seguindo o percorrido a etapa chega a Cambados.
Segundos os horarios manexados pola organización, a etapa entrará en Cambados por Castrelo sobre as 14:15 ou 14:19 dependendo da velocidade a que transcorra.
Por este motivo este luns 22 de agosto, entre as 14:20 e as 14:50 horas, faranse cortes de tráfico as 14:00 horas que afectan as Ruas Avenida de Galicia, Avenida de Coruña e Avenida de Villagarcia. Tamén se prohibirá aparcar nestas Avenidas desde as 08:00 horas do luns ata a finalización do paso da Carreira. 

A ruta pasa polas rías de Muros e Noia, na desembocadura do Tambre, pero logo se interna nas paisaxes graníticos de val do río Xallas. Esta parte da etapa pasa por plataformas que formou o mar nos sucesivos cambios do seu nivel, unha historia enlazada coa das rías. 

Termo da etapa

Tómbolo. Acumulación de area entre a costa e unha illa preto. A area acumúlase porque a illa protexe a costa da ondada e, se o proceso mantense, acaba creando un paso estable que converte á illa en península.