A área sanitaria de Pontevedra-O Salnés arrinca a semana con 225 casos activos de covid-19. Son seis máis que un día antes, segundo os datos facilitados este luns polo Sergas e actualizados ata as 18.00 horas do domingo. En 24 horas confirmáronse 16 novos contaxios mediante probas de detección, fronte aos 30 e 28 das xornadas precedentes. A presión hospitalaria mantense sen cambios, con seis pacientes ingresados polo virus, dos que cinco evolucionan en planta. Deles, catro están no Chup e un no Hospital do Salnés. Na Uci de Montecelo hai unha persoa. Desde o inicio da pandemia superaron o virus 21.350 persoas na área sanitaria, dez máis que un día antes, e faleceron con covid-19 diagnosticado 205. No Salnés tan so Meis está polo momento libre de casos da Covid-19. Desde os 20 casos de Vilagarcía a os cero de Meis. Cambados, A Illa, Meaño e Ribadumia teñen menos de 10 casos.
Casos nos concellos do Salnés:
Cambados -10
Illa de Arousa -10
Meaño -10
Meis 0
O Grove 20
Ribadumia -10
Sanxenxo 12
Vilagarcía de Arousa 19
Vilanova de Arousa 10
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.