A Garda Civil incautou en Mos preto de 900 quilos de ameixa que circulaba clandestinamente sen a correspondente guía sanitaria de orixe. O comiso produciuse a pasada fin de semana no transcurso dun control de seguridade viaria do Destacamento de Tráfico da Garda Civil do Porriño, á altura do quilómetro 158, da estrada N-550, no termo municipal de Mos.No transcurso deste operativo interceptouse unha furgoneta con placas de matrícula portuguesa, que transportaba marisco, procedente de Portugal e con destino a Cambados. Ao inspeccionar o vehículo e a súa carga, co apoio de efectivos da patrulla do Seprona de Vilagarcía de Arousa, púidose comprobar que levaba 4.385 quilos de ameixa de distintos tipos; deles, 885 quilos de ameixa japónica circulaban indocumentados, por carecer da preceptiva guía sanitaria de orixe. A inspección concluíu coa inmovilización do vehículo e da súa mercadoría. O condutor foi denunciado por varias infraccións administrativas porque, alén de transportar unha partida de marisco indocumentado, tamén se comprobou que a furgoneta non reunía as condicións de temperatura requirida para o transporte deste tipo de mercadoría e, ademais, circulaba con exceso de peso, xa que a masa máxima autorizada era de 3.200 quilos. Con este tipo de actuacións, que veñen desenvolvendo conxuntamente por todas as Unidades da Comandancia, a Garda Civil fiscaliza o cumprimento da normativa para verificar a trazabilidade do marisco e así poder evitar a comercialización da mercadoría que puidese resultar nociva para o consumo humano.
Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.

9 de noviembre de 2021
INCAUTADOS EN MOS CASE 900 QUILOS DE AMEIXA CLANDESTINA DE PORTUGAL CON DESTINO A CAMBADOS
A Garda Civil incautou en Mos preto de 900 quilos de ameixa que circulaba clandestinamente sen a correspondente guía sanitaria de orixe. O comiso produciuse a pasada fin de semana no transcurso dun control de seguridade viaria do Destacamento de Tráfico da Garda Civil do Porriño, á altura do quilómetro 158, da estrada N-550, no termo municipal de Mos.No transcurso deste operativo interceptouse unha furgoneta con placas de matrícula portuguesa, que transportaba marisco, procedente de Portugal e con destino a Cambados. Ao inspeccionar o vehículo e a súa carga, co apoio de efectivos da patrulla do Seprona de Vilagarcía de Arousa, púidose comprobar que levaba 4.385 quilos de ameixa de distintos tipos; deles, 885 quilos de ameixa japónica circulaban indocumentados, por carecer da preceptiva guía sanitaria de orixe. A inspección concluíu coa inmovilización do vehículo e da súa mercadoría. O condutor foi denunciado por varias infraccións administrativas porque, alén de transportar unha partida de marisco indocumentado, tamén se comprobou que a furgoneta non reunía as condicións de temperatura requirida para o transporte deste tipo de mercadoría e, ademais, circulaba con exceso de peso, xa que a masa máxima autorizada era de 3.200 quilos. Con este tipo de actuacións, que veñen desenvolvendo conxuntamente por todas as Unidades da Comandancia, a Garda Civil fiscaliza o cumprimento da normativa para verificar a trazabilidade do marisco e así poder evitar a comercialización da mercadoría que puidese resultar nociva para o consumo humano.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.