Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

9 de noviembre de 2021

A XUNTA RECOÑECE O TRABALLO DUNHA ESTUDANTE CAMBADESA CO PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE ESO


A Xunta vén de recoñecer o traballo de 20 estudantes de centros educativos galegos cos Premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2020/2021. O listado de premiados pode consultarse no Diario Oficial de Galicia, que publica a resolución destes galardóns, que teñen como obxectivo dar visibilidade pública ao esforzo e dedicación do alumnado que cursou esta etapa educativa cun excelente aproveitamento.

Entre os premiados figura a cambadesa Alaitz Otero Gómez, alumna do IES Francisco Asorey. A xoven cambadesa xa leva recibidos varios galardóns en concursos literarios por varios relatos.

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade dota cada un destes premios cun galardón de 800€, cun incremento de 50€ con respecto á convocatoria do ano pasado. Ademais, cada persoa galardoada recibirá un diploma acreditativo e a distinción será anotada no seu expediente académico.

Os premios son compatibles, así mesmo, con calquera outro tipo de premios, bolsas ou axudas concedidos por algunha Administración pública competente ou calquera ente público ou privado, nacional, da Unión Europea ou organismos internacionais.

Puideron acceder a esta convocatoria as alumnas e alumnos que cursasen o pasado ano académico o cuarto curso da Educación Secundaria Obrigatoria e que obtivesen no conxunto da etapa unha nota media igual ou superior a nove puntos. Os presentados deberon, así mesmo, realizar unha proba específica.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.