Ata seis vehículos se viron implicados nun accidente onte as 7:30 da mañá en Cambados. Foi un sinistro moi aparatoso pero saldouse sen persoas feridas. Catro dos vehículos estaban estacionados e un levou a peor parte ao quedar encaixado entre un muro e o camión que se foi da vía. Ocorreu nunha das estradas de acceso ao núcleo urbano da vila. Por sorte, non había ninguén no interior.
O outro coche implicado deuse á fuga e foi localizado pouco despois pola Policía Local. Ao parecer, ese vehículo fixo un adiantamento incorrecto e bateu co camión, que acabou chocando cos coches estacionados e levou por diante un muro e un poste da luz.
A Policía Local indicou que o condutor que presuntamente causou o accidente, pola súa banda, continuou a súa marcha, aparcou máis adiante e abandonou o lugar.
Horas máis tarde, o vehículo foi localizado e abríronse dilixencias xudiciais ao propietario e posible condutor.
O xulgado xa investiga o accidente. A estrada, a avenida de Castrelo, estivo cortada durante seis horas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.