A Xustiza ratifica a condena ao alcalde do PP que chamou " chacha para todo" á presidenta da Deputación de Pontevedra A Audiencia Provincial de Pontevedra ratificou a condena ao alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, por chamar " chacha para todo" á presidenta da Deputación de Pontevedra, a socialista Carmela Silva. A resolución da Audiencia, en resposta aínda recurso presentado polo rexedor do PP, é firme e expón que "a liberdade de expresión do recorrente non lle permite exhibir os seus comentarios machistas e ofensivos contra unha autoridade lexitimamente constituída".
Durán foi condenado o pasado xuño polo xulgado de instrución número 3 a unha multa diaria de 12 euros durante un mes. O delito, "falta de respecto e consideración debida á autoridade".
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.