Galicia rexistra 2 falecidos con Covid-19 e suma 2.516 desde que comezou a pandemia As vítimas son un home de 84 anos ingresado no CHOP e unha muller de 92 anos que estaba no Hospital Comarcal de Verín A Consellería de Sanidade comunicou o falecemento este sábado de dúas persoas que foran diagnosticadas con coronavirus. As vítimas mortais da pandemia en Galicia ascenden ao 2.516 desde marzo de 2020. A primeira vítima é un home de 84 anos, con patoloxías previas, que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHOP). Esta é a vítima 194 da área.
O outro deceso é o dunha muller de 92 anos, tamén con patoloxías previas, que faleceu no Hospital Comarcal de Verín, en Ourense.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.