Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

3 de julio de 2021

PONTEVEDRA-SALNÉS: DISPÁRANSE OS CASOS NA COMARCA DO SALNÉS


Coronavirus Pontevedra-Salnés: 62 novos infectados e soben a 413 os casos activos

A área sanitaria pontevedresa continúa empeorando. A área sanitaria pontevedresa por segundo día consecutivo é a que máis contaxiados suma de toda Galicia, con numerosos contaxios relacionados co brote de Baleares. Nestes momentos e segundo os últimos datos do Sergas, hai 125 infectados na área sanitaria pontevedresa orixinados en Mallorca. O Salnés ve como os enfermos activos crecen en case todos os municipios. Vilagarcía (163), Vilanova (223) e Cambados (182) están cada vez máis afectadas con 61, 23 e 27 activos respectivamente. A Illa 18 casos activos e 365 de incidencia. Sanxenxo, 13 activos e 75 de incidencia. O resto móvese na orquilla de entre 1 e 9 activos.
Nas últimas 24 horas producíronse 62 contaxios novos e 16 altas, o que fai que suban en 46 persoas os casos activos, pasando de 367 a 413. Incidencia: Casos por 100.000 habitantes nos últimos 14 días nos concellos do Salnés: Cambados 25 182 Illa de Arousa 18 365 Meaño 3 57 Meis 3 63 O Grove 3 28 Ribadumia 3 59 Sanxenxo 13 75 Vilagarcía de Arousa 61 163 Vilanova de Arousa 23 223 Segue aumentando a incidencia en Pontevedra e tamén en municipios próximos como Marín, Poio e Sanxenxo. Na zona do Salnés segue habendo incidencia moi alta. O número de pacientes hospitalizados sobe de 11 a 12 persoas, distribuídas en 7 pacientes no CHU de Pontevedra (4 en planta e 3 na UCI), 5 en planta no Hospital Público do Salnés e ningún no Quirónsalud Miguel Domínguez. A área sanitaria de Pontevedra-O Salnés inclúe as comarcas de Pontevedra, O Salnés, Caldas (excepto Valga e Pontecesures), Tabeirós-Terra de Montes (salvo a Estrada) e os municipios de Marín e Bueu pertencentes ao Morrazo. Desde o inicio da pandemia tivo 14.830 casos de coronavirus, con 181 falecementos, 14.236 altas e 413 casos activos nestes momentos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.