Os bares en Galicia xa poden abrir hoxe venres ata a unha da madrugada Estes establecementos deberán contar cun aparello medidor de CO2 para poder abrir as súas portas máis aló das 23:00 horas Os bares e cafeterías xa poderán abrir ata a 1 da madrugada este mesmo venres se contan cun aparello medidor de C02. Así o ratificaron fontes da Consellería de Sanidade a Europa Press, que aseguran que estes establecementos non terá que esperar a mañá e hoxe mesmo xa poderán permanecer abertos máis aló das 23:00 horas, sempre ey cando dispoñan do correspondente aparello medidor de CO2. Para este fin, hai que corrixir o Diario Oficial de Galicia (DOG) publicado na noite deste xoves e que só recolle a vixencia das novas medidas a partir do sábado. Desde o pasado mes de maio, os restaurantes xa poden abrir para servir ceas ata esa hora, mentres que as taperías incorporáronse a esta posibilidade hai agora dúas semanas. Os aforos en hostalería mantéñense, polo momento invariables, indo desde o 50 por cento só en terrazas nos de nivel de incidencia alta, ata o 75 por cento en terrazas e 50 por cento en interiores na maioría de concellos de Galicia, aqueles de nivel de incidencia media baixa. De feito, só hai cinco municipios que estarán, desde este sábado, en nivel de incidencia media (o resto dos galegos estarán en nivel medio baixo): Mos, Oroso, Soutomaior, Viveiro e Xove. Nestes municipios, a hostalería pode funcionar cun aforo do 50 por cento en exterior e 30 por cento en interiores. Vixencia ata o 26 Esta medida que afecta á hostalería, así como o resto das normas aprobadas pola Xunta, teñen unha vixencia máxima do 26 de xuño, pero tal e como anunciou o presidente autonómico este mércores e confirmou o xoves, a idea é contar cun novo corpo normativo o vindeiro martes, día en que se reúne de novo o comité clínico, para que poida entrar en vigor xa o sábado 19 de xuño.
En todo caso, tamén apuntou que ante a complexidade de revisar todas as disposicións ditadas, dábanse esta marxe máxima ata o 26 para ditar a nova norma, que incluirá un protocolo de uso de máscaras.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.