O Xerente da área sanitaria Pontevedra-Salnés ven de comunicar ao Concello de Cambados sube un chanzo nas restricións.
Neste momento estamos no nivel medio baixo e agora pasaremos ao nivel medio de restricións. Esto quere dicir que a hostelería cambadesa pasa a ter menos aforo tanto no exterior como no interior. Estas restricións entran en vigor na noite do venres ao sábado.
Cambados conta nestes intres con 14 enfermos activos e unha incidencia a 14 días de 95 enfermos por 100.000 habitantes. Vilanova ten 9 casos activos e unha incidencia similar a de Cambados.
Cambre, Castroverde, Oia, Barro, Cambados, Poio, Pontevedra, Vilaboa e Vilanova de Arousa estarán en nivel medio desde o 3 de xullo Carnota (A Coruña) pasará ao nivel alto de restricións o sábado, no que xa está o municipio de Sarria (Lugo). Así o decidiu o comité clínico que asesora á Xunta en materia sanitaria na reunión celebrada este martes pola tarde. Os dous concellos preocupaban ás autoridades sanitarias debido a senllos brotes de orixe social. Sarria estaba en en nivel alto debido, fundamentalmente, a un foco familiar, mentres que Carnota pasa do nivel medio-baixo ao alto tras detectarse un foco da variante india. Os expertos en materia sanitaria manteñen no nivel medio de restricións a Poio, Castroverde e Cambre, ademais de incorporar a Oia, Barro, Cambados, Pontevedra, Vilaboa e Vilanova de Arousa. A hostalería destes nove municipios terá os aforos limitados ao 30% en interior e ao 50% en terraza. O resto de Galicia permanece no nivel medio-baixo, o que supón que os seus locais poderán abrir cun 50% da ocupación en interior e un 75% en exteriores. Camariñas e Malpica regresan a este nivel o sábado ás 00:00 horas, cando entran en vigor as decisións tomadas esta tarde polo comité clínico.
Intentemos baixar estas cifras para poder ter a maior tranquilidade e chegar a normalidade que todos desexamos.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.