Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

8 de diciembre de 2020

PONTEVEDRA-SALNÉS DOS 900 ACTIVOS


Coronavirus Pontevedra: 44 contaxios novos e baixan a 899 os casos activos

Enorme mellora na área sanitaria de Pontevedra, que baixa dos 900 casos e segue descendendo en incidencia. Considerable mellora na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, que resta 72 casos activos e baixa dos 900, volvendo a niveis de finais de outubro. Os 44 novos contaxios de hoxe son menos que os 53 rexistrados o martes pasado. Nas últimas 24 horas producíronse 44 contaxios novos, 2 falecementos ( unha muller de 95 no Complexo Hospitalario de Pontevedra, da residencia de Vilaboa e un home de 90 anos faleceu no Hospital Domínguez de Pontevedra e procedía da Residencia Soremay), 114 altas, o que fai que baixen en 72 persoas os casos activos, pasando dos 971 de onte a 899 hoxe. Segue mellorando a área sanitaria de Pontevedra e baixando a incidencia, e salvo a excepción de Vilaboa -onde houbo un brote nunha residencia-, o resto da área continúa baixando con contagotas as súas cifras. A zona máis afectada é a do Salnés O Grove (39 onte) Sanxenxo (64 onte Cambados (41, -6 hoxe e 226 en seguimento). Vilagarcía (98, hoxe) Vilanova (10 onte) A Illa ( sen datos) Meaño (20 onte ) Ribadumia ( sen datos) Meis ( sen datos) O número de pacientes hospitalizados baixa de 53 a 49 persoas, distribuídos en 43 pacientes no CHU de Pontevedra (34 en planta e 9 na UCI), 3 no Hospital Público do Salnés e 3 no Quirónsalud de Pontevedra. Na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés que inclúe as comarcas de Pontevedra, O Salnés, Caldas (excepto Valga e Pontecesures), Tabeirós-Terra de Montes (salvo a Estrada) e os municipios de Marín e Bueu pertencentes ao Morrazo desde o inicio da pandemia tivo 5.783 casos de coronavirus, con 62 falecementos, 4.822 altas e 899 casos activos nestes momentos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.