Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

7 de diciembre de 2020

CAMBADOS DESTINARÁ A CÁMARA AGRARIA PARA USOS SOCIAIS


A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra ratificou este venres o seu apoio aos concellos da provincia coa aprobación de novas partidas por preto de dous millóns de euros. En concreto, máis de 1,3 millóns de euros irán dirixidos a Cambados, Ponte Caldelas, Caldas de Reis e Sanxenxo, no marco do Plan Concellos, e case medio millón de euros serán destinados á renovación das instalacións de iluminación exterior de 43 concellos.

No que respecta ao Plan Concellos para Cambados foi concedida unha subvención por cambio de finalidade por un importe de 99.612,50 euros, cos que o concello mercará o antigo local da Cámara Agraria. O inmoble, cunha superficie construída de 204 metros cadrados, empregarase para levar a cabo a prestación de servizos de competencia municipal ou actividades socio-culturais. 

Iluminación sostible

A aposta pola sostibilidade é un dos eixes transversais cos que traballa a institución provincial. Neste eido a Xunta de Goberno aprobou a adxudicación da contratación das obras de renovación das instalacións de iluminación exterior en 43 concellos. Estas actuacións están recollidas nos expedientes de axuda concedida polo Instituto de Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE). O proxecto tamén inclúe a iluminación nos Bens de Interese Cultural (BIC) dos concellos de Baiona, Caldas de Reis, A Guarda, Meis, Poio, Salvaterra de Miño e Vilanova de Arousa. As actuacións serán financiadas pola Deputación, con 458.169,32 euros, os concellos e os fondos FEDER. Trátase de proxectos singulares de entidades locais que favorecen o paso a unha economía baixa en carbono no marco operativo de FEDER para o crecemento sostible 2014-2020.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.