A Oficina Europea de Patentes concedeulla ao bioproducto galego Atremorine, que desenvolveu o Centro Internacional de Neurociencias e Medicina Xenómica EuroEspes de Bergondo.
Os anos de investigación do grupo que lidera o catedrático de Medicina Xenómica na UCJC, Ramón Cacabelos García (Cambados, 1955) deron o seu froito con este recoñecemento.
Os estudos básicos e clínicos demostran que Atremorine prevén a morte prematura das neuronas dopaminérgicas e mellora os síntomas dos pacientes con enfermidade de Parkinson.
Un novo avance logrado en EuroEspes, entidade fundada en 1995 por este doutor en Medicina pola USC e a Universidade de Osaka, que preside a Sociedade Española de Medicina Xenómica, e a mundial, e é dos científicos españois con maior recoñecemento internacional.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.