Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

30 de noviembre de 2020

A POLICÍA AUTONÓMICA IDENTIFICA A CASE 200 PERSOAS NA FIN DE SEMANA EN PONTEVEDRA NOS CONTROIS ANTE A COVID-19


Axentes da Policía Autonómica levaron a cabo durante esta fin de semana 48 dispositivos na provincia de Pontevedra no marco do plan de actuacións específicas destinadas á prevención, inspección e control do cumprimento das medidas adoptadas polas autoridades competentes pola covid-19. Ao abeiro destes case medio cento de controis -a cifra máis elevada ata a data-, os axentes actuaron en 11 concellos da provincia na pasada fin de semana, onde se realizaron 30 inspeccións nas que foron identificadas 192 persoas e tramitáronse 20 denuncias.

En base a este Plan, a Policía Autonómica destinou efectivos entre o 27 e o 29 de novembro a controlar que se están a cumprir as medidas vixentes para frear a expansión do virus. Os dispositivos leváronse a cabo nos municipios de Marín, Meis, Moaña, Mondariz, Nigrán, Poio, Pontevedra, Redondela, Salvaterra, Tui e Vigo.

No conxunto da comunidade galega, os axentes actuaron nun total de 35 concellos, nos que que se rexistraron 115 operativos cun total de 121 inspeccións, con 324 persoas identificadas e 50 denuncias tramitadas. Estes dispositivos enmarcase no seo da colaboración entre as forzas e corpos de seguridade, cada unha no marco das súas competencias.

Durante os operativos, os axentes controlaron que nos establecementos abertos ao público, terrazas e espectáculos públicos se estaban a cumprir as medidas aprobadas polas autoridades sanitarias para facer fronte á covid-19, como o uso obrigatorio de máscara, o cumprimento da distancia de seguridade, así como o aforo e o horario de peche dos locais e a prevención do botellón.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.