A pandemia continúa expandíndose por terras galegas, que rexistra os 5.101 infectados activos. En concreto, nas últimas 24 horas, e cos datos actualizados deste domingo ás 18 horas, o número de PCR positivas aumentou en 417, 20 menos que o día anterior, pero por encima da barreira dos 400 diarios, xa alcanzada a semana pasada. En canto á presión nos hospitais, o número de ingresados tamén aumenta ata os 266, 20 máis que hai 24 horas, así como os de UCI, que xa alcanzan os 46, tres máis que o sábado. O número de falecidos ascende ata os 822.
Os pacientes con Covid ingresados en Galicia aumentaron a 312, o que supón 23 máis que este domingo, deles 46 en Unidade de Coidados Intensivos (UCI) (tres máis que hai 24 horas) e 266 noutras unidades de hospitalización (20 máis).
Segundo a web da Consellería de Sanidade na mañá deste luns con datos recolleitos ata as 18,00 horas do domingo, na área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco soben a 118 os pacientes con Covid-19 ingresados, deles 14 en UCI. As persoas curadas aumentan a 3.676 e as PCR realizadas a 80.289. Na área da Coruña e Cee soben a 58 os pacientes con Covid hospitalizados, deles 50 en planta e oito en Unidade de Coidados Intensivos. Ata o momento rexistráronse 6.456 altas e realizado 140.474 PCR realizadas. Pola súa banda, na área de Santiago e Barbanza os pacientes con Covid-19 ingresados soben a 47, deles oito seguen en unidade de críticos. Ata a data curáronse 3.819 persoas e leváronse a cabo 93.535 PCR. Na área de Vigo mantéñense en 36 os pacientes con Covid-19 hospitalizados, deles oito permanecen en UCI e 28 noutras unidades de hospitalización. Ata o momento curáronse 3.375 persoas e realizáronse 114.135 PCR. Mentres, na área de Lugo, A Mariña e Monforte as persoas con coronavirus ingresadas descenden aumentan lixeiramente a 22, delas tres en UCI e 19 noutras unidades de hospitalización. Ata o momento curáronse 3.035 persoas e feito 68.842 PCR.A área de Pontevedra e O Salnés rexistra un paciente máis hospitalizado que este domingo, un total de 22, delas 18 en planta e catro en UCI. Ata a data curáronse 2.150 pacientes desde o inicio do plan de continxencia da Covid-19 e leváronse a cabo 54.616 PCR.
E na área de Ferrol os hospitalizados con Covid aumentan a nove, un deles en unidade de críticos. Ata a data curáronse 1.067 persoas e realizado 40.271.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.