Sigue de xeito negativo a evolución da covid-19, na nosa área. Desde onte detectáronse 54 novos contaxios na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. Os casos activos polo coronavirus crecen ata os 457, segundo os datos do Servizo Galego de Saúde. O aumento é de 41, pois houbo 13 pacientes dados de alta desde onte.
Un total de 21 pacientes atópanse hospitalizados, é dicir, un máis que onte. Concretamente rexístrase na UCI de Montecelo, onde hai actualmente catro persoas con covid-19, por tres de onte.
Os outros dezasete evolucionan en planta: doce en Montecelo, catro no Hospital do Salnés e un no hospital QuirónSalud Miguel Domínguez de Pontevedra.
Os demais pacientes que contraeron o virus, 436 persoas, atópanse illados nos seus domicilios e recuperándose baixo supervisión médica, segundo informa a Xunta de Galicia a través do SERGAS.
Desde o inicio da pandemia 2.130 pacientes da área sanitaria superaron a covid-19, trece máis desde onte, e rexistráronse 25 falecementos asociados ao virus.
Polo que respecta a Cambados hai que decir que hoxe volven baixar os casos. De novo pasamos a 20, depois de que dous pacientes foran dadnos de alta.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.