A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.264, deles 757 son da área da Coruña, 494 da de Lugo, 1.351 da de Ourense, 573 da de Pontevedra, 433 da área de Vigo, 552 da de Santiago, e 104 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 38 están en UCI, 187 en unidades de hospitalización e 4.039 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 21.106 persoas curadas, rexistrándose 776 falecementos.
A incidencia do virus continúa aumentando no territorio galego e, en concreto, ao área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, que é a que máis preocupa actualmente. En total, confirmáronse 239 novos casos de coronavirus nas últimas 24 horas, 203 casos activos máis que onte. Esta última cifra ascende o número de contaxiados activos ata os 1351, o que constitúe o 31,6% de todos os de Galicia. De todos eles, a gran maioría, 1284, atópanse en seguimento a domicilio, mentres que os outros 67 están hospitalizados dos cales nove se atopan na UCI. Preocupa especialmente a situación residencia de maiores Os Gozos de Pereiro de Aguiar (Ourense) que, tras detectar 137 contaxios, foi intervida pola Xunta. Con todo, o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asegura que a situación coóntrase estable en relación á evolución epidemiolóxica e asistencial e defendeu a «anticipación» na toma de decisións para frear o avance da Covid-19. Os positivos por coronavirus detectados nas últimas 24 horas en Galicia disparáronse a 413, unha cifra que se sitúa en niveis de finais de marzo. Máis da metade das infeccións diarias, unhas 235, rexístranse na área sanitaria de Ourense, que marca récord histórico debido aos dous novos brotes en dúas residencias da provincia, con máis de 150 casos. A modo xeral, doutra banda, a Xunta notificou un total de 413 novos casos confirmados por proba PCR nas últimas 24 horas. Desta maneira, Galicia supera así a barreira dos 400 contaxiados. En total, rexistráronse este venres 4264 casos activos de covid-19, con 187 hospitalizados, os mesmos que hai 24 horas, aínda que aumentan a 38 os ingresados en UCI, sendo tres máis que onte. En canto aos datos nos centros de estudo, non se tivo que pechar ningún centro polo momento, aínda que si se detectaron casos activos, que neste caso ascenden ata os 403 e víronse obrigados a pechar ata 21 aulas para frear a posibilidade de contaxio. O Carballiño (Ourense) pasa a nivel 3 A alta incidencia do virus neste concello ourensán do Carballiño fixo á Consellería de Sanidade aumentar as restricións a partir da medianoite do sábado e quedará prohibido o consumo no interior dos establecementos de hostalería, nos que só poderá servirse en terrazas no exterior a grupos dun máximo de cinco persoas. Sendo así, o municipio pasa a nivel tres, que xa está instaurado en Ourense e Barbadás onde, ademais das restricións xa mencionadas, están prohibidas as entradas e saídas do termo municipal e as reunións de persoas non conviventes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.