Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

8 de octubre de 2020

DOUS FALECIDOS NAS ÚLTIMAS HORAS NA ÁREA PONTEVEDRA-SALNÉS


En Cambados hai 26 casos activos a día de hoxe, 0 altas, e 59 contactos en seguimento.

Na comarca hai 155 casos activos hoxe.

Na Área Pontevedra Salnés 613 activos. Son 30 novos casos positivos e 47 pacientes curados.  Hai 593 enfermos atendidos en domicilio e 20 hospitalizados. 

Hai 13 en planta, 11 están no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, ningún no Hospital QuirónSalud e 2 no Hospital do Salnés. Os restantes 7 en UCI, do Hospital Montecelo.

Desde o inicio do plan de continxencia do covid-19 curáronse 1.687 pacientes (47 máis que no día de onte) e faleceron por este virus na área sanitaria 24 pacientes, os últimos, este mércores, unha muller de 66 anos que estaba ingresada en Montecelo e  un veciño de Pontearnelas duns 60 anos que presentaban patoloxías previas. Este último é a vítima 7 do Salnés.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.