Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

15 de octubre de 2020

OUTRO DÍA CARGADO DE MORTES POR CORONAVIRUS


A morte de cinco persoas, tres mulleres e dous homes con idades comprendidas entre os 83 e os 96 anos de idade, elevou o total de falecidos en Galicia con coronavirus desde o inicio da pandemia a 808.

En concreto, trátase de tres mulleres de 83, 90 e 96 anos (esta última procedente da residencia Vos Gozos de Pereiro de Aguiar) que permanecían ingresadas no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense ( CHUO).

Segundo informou este xoves a Consellería de Sanidade, tamén faleceu un home de 85 que recibía atención hospitalaria no CHUO; así como outro home de 85 anos que estaba ingresado no Hospital Universitario Lucus Augusti.

Todos eles presentaban patoloxías previas. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.