Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

15 de octubre de 2020

OS 5 CONCELLOS DO SALNÉS CON RESTRICIÓNS SEGUIRÁN ASÍ UNHA SEMANA MÁIS COMO MÍNIMO


Este xoves hai 50 casos activos menos que o mércores a pesar de que se rexistraron 17 novos contagios.  Esto débese as altas, 67 en total, das últimas 24 horas.

O balance oficial do Servizo Galego de Saúde deste xoves indica que hai 419 casos activos, 402 están en seguimento domiciliario e 17 hospitalizados.

A situación hospitalaria segue exactamente igual que onte mércores. Así, hai 14 pacientes ingresados en planta de hospitalización e tres na unidade de Coidados Críticos do Hospital Montecelo. Hai 12 pacientes no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, ningún no Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez e 2 no Hospital do Salnés.

Desde o inicio do plan de continxencia da covid-19 curáronse 2.040 pacientes, como apuntamos anteriormente, 67 foron na última xornada, e faleceron por este virus na área sanitaria 25 pacientes, o último o pasado martes..

Nas últimas 24 horas confirmouse a tendencia á redución de probas PCR' s con respecto ás cifras das últimas semanas. Así, realizáronse 344, cifra similar á do martes (374), pero moi inferior a días pasados. Súmanse ás 52.377 xa efectuadas desde o inicio da pandemia do coronavirus. 

En canto a situación dos concellos do Salnés con restricións, os 5 seguirán con elas cando menos outras duas semanas. Así o indicou a Dirección Xeral de Saúde Pública tras escoitar as recomendacións do Comité Clínico reunido na tarde deste mércores. 

No informe da Dirección Xeral de Saúde Pública sobre a comarca do Salnés indícase que as taxas acumuladas da comarca a 3, 7, 14 días están por debaixo da taxa acumulada a eses mesmos momentos temporais no conxunto de Galicia. Agora ben, destaca a taxa a 14 días de Vilanova de Arousa, Cambados e Meis, todas elas superiores á taxa a 14 días estimada para o total de Galicia. Ademais, en Vilagarcía de Arousa foron notificados casos todos os días dos últimos sete.

Cambados conta a día de hoxe con 17 enfermos, é dicir 5 menos que onte.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.