Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

6 de octubre de 2020

O 5G CHEGA AO SALNÉS


O 5
G de Telefónica xa se acendeu en 82 concellos galegos, entre eles as catro capitais de provincia xunto a Vigo, Ferrol e Santiago. Esta cifra aumentará ata 134 a final de ano, o que supón que o 74% da poboación galega terá acceso entón á ultra banda ancha móbil de Telefónica, unha porcentaxe global para Galicia que no caso da provincia de Pontevedra alcanzará o 83,9% e no da Coruña o 78 por cento. Na provincia de Pontevedra, o 5G NSA actívase en Baiona, Bueu, Cambados, Cangas, A Estrada, O Grove, Lalín, Marín, Meaño, Moaña, Mos, Nigrán, Poio, Ponteareas, Pontevedra, O Porriño, Redondela, Ribadumia, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Sanxenxo, Tomiño, Tui, Valga, Vigo, Vilaboa, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa. Tal e como destacou o máximo responsable de Telefónica en Galicia e director de Administracións Públicas do Territorio Norte, Manuel Ángel Alonso, durante un encontro con medios de comunicación celebrado onte en Santiago, o aceso de 5 G súmase á “enorme capilaridade do LTE, 4G e 3G de Telefónica en Galicia, que se sitúa no 98% da poboación, o que significa que esta comunidade autónoma ten unha cobertura de banda ancha móbil por encima da media nacional e sen parangón en Europa˝. En relación ao tipo de tecnoloxía 5G empregada, Alonso comentou que Telefónica “está a traballar coas últimas xeracións de radio que permiten o dobre uso 4G e 5G, co obxectivo de levar o 5G desde o primeiro momento ao máximo de poboación. Nesta primeira fase utilízanse os emprazamentos e infraestruturas actuais para lanzar a rede 5 G con arquitectura NSA (Non StanAlone), e despregarase a rede 5G SA ( StanAlone) cando a tecnoloxía estea plenamente dispoñible despois da estandarización”. Grazas ao 5G, os usuarios poderán descargarse na súa casa unha película en segundos, gozar de retransmisións deportivas en directo nas que o usuario terá unha experiencia 360º e poderá visionar calquera ángulo do partido coma se estivese na cancha. Para as empresas, destacan os servizos de Multiaccess Edge Computing, que ofrecen ultra baixa latencia e unha maior capacidade de cómputo ao bordo da rede.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.