Novo máximo de contaxios nun día en Galicia e tamén de incremento en número de infectados, con 461 máis que onte. Segue complicándose cada día a situación do coronavirus en Galicia e hoxe chégase a dous novos máximos, de contaxios novos nun día e de crecemento de casos activos. Os 693 casos novos de COVID-19 de hoxe son máis que os 690 do pasado sábado e 246 máis que os 447 rexistrados o mércores pasado. Na web de datos do Sergas di que nas últimas 24 horas confirmáronse 682 casos de COVID-19 por PCR, pero a diferenza entre o total de infectados desde o inicio da pandemia de hoxe (34.451) e o de onte (33.758) é de 693 persoas. Do mesmo xeito, os novos contaxios que indicamos por área sanitaria calculámolos do mesmo xeito. Nas últimas 24 horas rexistráronse 693 novos casos de SARS- CoV-2, dous falecementos e 230 altas, facendo que o número de casos activos suba en 461 persoas, pasando das 7.074 de onte ás 7.535 de hoxe, un novo máximo de crecemento nun só día. O crecemento do coronavirus en Galicia segue disparado. A única boa noticia do día é que baixan os hospitalizados, con cinco persoas menos ingresadas nos hospitais, pasando de 459 a 454. O total de casos de COVID-19 rexistrados en Galicia desde o inicio da pandemia é de 34.451. Os datos de Galicia Unha das noticias do día é que Vigo xa é a área sanitaria de Galicia máis afectada de Galicia cun enorme crecemento hoxe de 173 novos contaxios de coronavirus. A área da cidade olívica ten 1.502 casos activos (144 máis que onte), seguida por Ourense con 1.414 (-9), A Coruña con 1.285 (+84), Santiago con 1.186 (+58), Pontevedra con 785 (+58), Lugo con 743 (+52) e Ferrol con 620 (+74). Novos contaxios por áreas sanitarias A Coruña: 103 Ferrol: 84 Lugo: 71 Ourense: 90 Pontevedra: 82 Santiago: 90 Vigo: 173 Total: 693 O total de falecidos en Galicia é de 882 persoas, dúas máis que onte, cun total de 263 mortes en nova normalidade. O total de hospitalizados é de 454 persoas, distribuídas en 62 na UCI e 392 en unidades de hospitalización. O total de probas PCR realizadas é de 654.482, 8.249 nas últimas 24 horas, cunha positividade do 8,4%.
Esta semana de luns a mércores levamos 1.845 casos de coronavirus en Galicia, un 50% máis que os 1.229 rexistrados os tres primeiros días da semana pasada.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.