Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

30 de octubre de 2020

A XUNTA ORDENA O PECHE PERIMETRAL DAS GRANDES CIDADES, E SÓ PODERÁN REUNIRSE CONVIVENTES


A Xunta de Galicia anunciou o peche perimetral dos concellos ou
ámbito territorial delimitado de forma conxunta polos concellos da Coruña e Arteixo, no ámbito territorial delimitado de forma conxunta polos concellos de Pontevedra, Poio e Marín, no ámbito territorial delimitado de forma conxunta polos concellos de Santiago de Compostela, Teo e Ames, no ámbito territorial delimitado de forma conxunta polos concellos de Ferrol, Narón, Fene e Neda, no ámbito territorial delimitado de forma conxunta polos concellos de Ourense e Barbadás, no ámbito territorial delimitado de forma conxunta polos concellos do Carballiño, O Irixo e Boborás, no ámbito territorial delimitado de forma conxunta polos concellos de Verín, Oímbra e Vilardevós, así como nos concellos de Lugo, Vigo e Vimianzo.  Os outros concellos nos que Sanidade anunciou hoxe limitación de entrada e saída mantéñense en nivel 2, activo en Galicia desde o 10 de outubro. Precisamente, os concellos da provincia de Ourense que estaban con restricións mantéñenas "a pesar dos bos datos" que rexistraron nos últimos días. A Consellería de Sanidade xustificou esta decisión na súa preocupación pola capacidade asistencial da área ourensá. Esta normativa recolle excepcións. Así, pódense facer desprazamentos fóra dos municipios pechados para realizar a asistencia e coidado de persoas maiores, dependentes e nenos; realizar trámites xudiciais; ou regresar ao lugar de residencia, algo que afecta, por exemplo, aos estudantes das universidades galegas ou a persoas que traballan e viven en concellos diferentes. García Comesaña pediu, con todo, que os estudantes eviten ir pasar as fins de semana a casa e volver durante a semana a Santiago de Compostela porque supón un risco para a súa familia. A Xunta xustifica estas medidas na evolución epidemiolóxica na comunidade galega, que empeorou nos últimos días, así como nos desprazamentos que adoitan producirse durante a fin de semana. Este domingo, ademais, é Día de Defuntos, polo que moitas persoas aproveitan para ir desde as cidades (con máis casos de coronavirus) ás aldeas, o que motivou que a Consellería de Sanidade decidise pechar os concellos grandes para dificultar a propagación da COVID-19.

Tendo en conta a evolución da situación epidemiolóxica posta de manifesto nos informes da Dirección Xeral de Saúde Pública e tras escoitar as recomendacións o Subcomité Clínico reunido para estes efectos, procede a adopción, como autoridade competente delegada, das seguintes medidas ao abeiro do Real decreto 926/2020, do 25 de outubro:

a) Limitación da entrada e saída de persoas, coas excepcións previstas no artigo 6.1 do Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, no ámbito territorial delimitado de forma conxunta polos concellos mencionados.

b) Limitación da permanencia de grupos de persoas en espazos de uso público e de uso privado, agás supostos excepcionais e xustificados, aos constituídos só por persoas conviventes.

Respecto da eficacia das medidas, as medidas previstas neste decreto terán efectos desde as 15.00 horas do día 30 de outubro de 2020. A prol dos principios de necesidade e de proporcionalidade, as medidas deberán ser obxecto de seguimento e de avaliación continua, co fin de garantir a súa adecuación á situación epidemiolóxica e sanitaria e para os efectos, de ser necesario, da súa modificación ou levantamento. En todo caso, serán revisadas nun período máximo de 7 días.

Por proposta do conselleiro de Sanidade, e na condición de autoridade competente delegada, por delegación do Goberno da Nación, conforme o disposto nos artigos 2, 6, 7 e 10 do Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2.

Limitacións da entrada e saída de persoas en determinados ámbitos territoriais.

1. Queda restrinxida a entrada e a saída de persoas no ámbito territorial delimitado de forma conxunta por ditos concellos.

2. Quedan exceptuados da anterior limitación aqueles desprazamentos, adecuadamente xustificados, que se produzan por algún dos seguintes motivos:

a) Asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios.

b) Cumprimento de obrigas laborais, profesionais, empresariais, institucionais ou legais.

c) Asistencia a centros universitarios, docentes e educativos, incluídas as escolas de educación infantil.

d) Retorno ao lugar de residencia habitual ou familiar.

e) Asistencia e coidado a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables.

f) Desprazamento a entidades financeiras e de seguros ou estacións de servizo en territorios limítrofes.

g) Actuacións requiridas ou urxentes ante os órganos públicos, xudiciais ou notariais.

h) Renovacións de permisos e documentación oficial, así como outros trámites administrativos inaprazables.

i) Realización de exames ou probas oficiais inaprazables.

j) Por causa de forza maior ou situación de necesidade.

k) Calquera outra actividade de análoga natureza, debidamente acreditada.

3. Non estará sometida a restrición ningunha a circulación en tránsito a través dos ámbitos territoriais en que resulte de aplicación a limitación prevista no número anterior.

Segundo. Limitacións da permanencia de grupos de persoas en espazos públicos ou privados en determinados ámbitos territoriais

A permanencia de grupos de persoas en espazos de uso público, tanto pechados como ao aire libre, e en espazos de uso privado, quedará limitada aos grupos constituídos só por persoas conviventes, nos concellos ou unidades territoriais antes mecionados

Esta limitación non impedirá a reunión con persoas non conviventes que se produzan por motivos de asistencia e coidado a maiores, menores, dependentes ou persoas con discapacidade, ou por causa de forza maior ou situación de necesidade.

Así mesmo, esta limitación non será aplicable no caso de actividades laborais, institucionais, empresariais, profesionais e administrativas, actividades en centros universitarios, educativos, de formación e ocupacionais, así como no caso de práctica de deporte federado, sempre que se adopten as medidas previstas nos correspondentes protocolos de funcionamento.

Tampouco resultará de aplicación naquelas actividades previstas nas ordes da persoa titular da consellería competente en materia de sanidade en que se recollan medidas de prevención específicas para estes territorios respecto das cales se considere expresamente a posibilidade de que os grupos sexan de conviventes e non conviventes. 

DOGA


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.