A situación da residencia a Nosa Señora la Valvanera (o asilo de Cambados) empeora. Ademais das catro persoas traballadoras, monxas neste caso, que deran positivo, hai seis persoas máis nete caso residentes, residentes que deron positivo. Dúas delas xa foron trasladadas ao Hospital e as outras catro como non poden hai zona de aillamento por falta de espacio no mesmo asilo, van ser trasladadas a una residencia en Vigo onde se poderán aillar durante os preceptivos 14 días que necesitan para para pasar a crise.
As autoridades sanitarias postas en contacto coas familias e sin a oposición de estas acordaron o traslado xa que todas as familias están de acordo con esta solución que parece a mellor. As familias entenden que a situación para preservar a súa saúde e tamén que é una solución para no contagiar a máis residentes do centro e para que estean ben atendidos en perfectas condicións.
Propúxose tamén a opción de que si una familia estivera en contra tería que se poñer en contacto coa Xefatura Territorial de Sanidade para cubrir os impresos e baixo a súa responsabilidade podería levalos para a súa casa. Unha declaración responsable conforme non lle vai a faltar en ningún tipo de coidado nin médico nin alimentario etc. Finalmente as familias aceptaron o traslado destes catro residentes a Residencia de Vigo.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.