Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

3 de octubre de 2020

A DEPUTACIÓN APROBA INVESTIMENTOS EN CAMBADOS


A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra ven de aprobar novos investimentos destinados a facer realidade proxectos impulsados dende Cambados.

A presidenta da Deputación, Carmela Silva destacou que "como sempre, a Deputación é a administración que inviste nos concellos e que garante co seu respaldo económico os servizos e dereitos da xente, viva onde viva".

O Concello de Cambados obterá 79.628 euros para a mellora das beirarrúas e zonas de estacionamento na rúa Sevilla, mellorando tamén as redes de saneamento e pluviais, así como as conexións das baixantes das edificacións. Neste caso trátase dunha actuación complementaria a unha primeira fase, xa executada co Plan Concellos, por valor doutros 74.433 euros. O ámbito de actuación comprende o tramo que vai dende a rúa Pombal ata a liña de delimitación do Conxunto Histórico-Artístico de Cambados.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.