Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

20 de septiembre de 2020

OBITUARIO - ROCÍO FERNÁNDEZ



OBITUARIO

Sempre se van os mellores.

Un dito normal e corriente cando un ser cercano nos deixa. Detrás desas palabras hai vivencias comúns coa persoa que se vai.

No todos somos bos nin malos. Somos o que somos e o que a vida vai forxando 


en nos.

Rocío é unha muller loitadora. Os seus últimos anos adicounos a loitar contra o maltrato á muller que ela sufreu na súa pel. Na nosa derradeira conversa faloume moi por riba dos plans cara o 25N. Rocío era así. Ao acabar un acto xa estaba planeando o seguinte e tratar de correxir os erros cometidos no anterior.

Aparte de ese carácter loitador a Rocío non lle faltaba unha parte rebelde. Esa parte que se enfrentaba a todo, moitas veces cunha mínima parte de razón, pero estaba tan convencida desa a súa parte que tiña que facela visible. Algunha discusión tivemos por ese afán dela de impor o seu 10 por cento ao 90. Por eso era Rocío, cos seus máis e os seus menos, pero era así. 



Compañeira, ata os últimos días ía a visitar ao seu grupo de mariscadoras na torre.

Festeira, divertida, alegre. A sonrisa nunca se borraba da sua faciana. Unha sonrisa casi perpetua.

Pouco máis vou decir de Rocío. Cada quen terá os seus recordos e as suas vivencias con ela.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.