Tras a xornada de descenso de onte, a primeira desde mediados de xullo, os casos activos de coronavirus volven aumentar en Galicia. A Consellería de Sanidade informou este mércores de que a cifra global volve a ascender ata os 4.364, 134 máis que os rexistrados onte. As autoridades sanitarias detectaron na última xornada un repunte de contaxios en Galicia, con 332 positivos, unha cifra que duplica á da xornada anterior e coa que os casos activos na comunidade sitúanse xa nos 4.364. Ademais, producíronse 14.158 altas, 193 máis que na xornada anterior.
Catro das sete áreas sanitarias incrementan nesta ocasión o seu total de pacientes infectados. Lugo atópase á cabeza con gran diferenza sobre o resto, ao pasar de 801 onte a 920 hoxe. Séguenlle a moita distancia A Coruña (de 1.413 a 1.424), Pontevedra (de 371 a 379) e Ferrol (de 170 a 176). Pola contra, os contaxios activos diminúen en Vigo (de 346 a 344), Santiago (de 662 a 659) e Ourense (de 467 a 462).
A Consellería informou ademais da morte de dúas persoas de 81 e 71 anos nas últimas horas, o que eleva a cifra de decesos a 668. En canto ao resto de pacientes, 25 permanecen ingresados en UCI (dúas máis que onte), 181 atópanse noutras unidades de hospitalización (seis menos) e o resto, 4.158, pasan a enfermidade nos seus domicilios.
Pola súa banda, a situación volve un día máis a agravarse nas residencias de anciáns, que suman 10 novos usuarios infectados polo virus (253 en total) e outros 14 traballadores (81).

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.