A área sanitaria ten dez pacientes hospitalizados con COVID-19, os mesmos que este martes. Oito están a ser atendidos en planta e dous máis están ingresados na unidade de coidados críticos (UCI) de Montecelo.
Os outros 369 casos activos reciben seguimento nos seus respectivos domicilios. Desde o inicio da pandemia da COVID-19 curáronse 1.065 pacientes, dezasete deles nas últimas 24 horas, e faleceron 18 pacientes na área sanitaria.
Por outra banda, a Xunta estende as restricións a Pontevedra e Ponteceso e levántaas en Arteixo e Santa Comba
Os municipios de Pontevedra e Ponteceso súmanse este xoves ás medidas restritivas decretadas pola Xunta para frear a expansión de COVID-19 e que se manteñen unha semana máis nos concellos de Lugo, Santiago, Ourense, Carballo e A Laracha, así como en parte da Coruña.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.