Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

17 de septiembre de 2020

UN NOVO FALECIDO NA ÁREA PONTEVEDRA-SALNÉS

Nas últimas 24 horas falecía unha nova persoa no Hospital Montecelo como consecuencia da enfermidade da Covid-19. Esta persoa de 56 anos, segundo os datos ofrecidos pola xerencia do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHUP), atopábase ingresada e sufría patoloxías previas. Con este morte, a cifra de persoas falecidas na área sanitaria de Pontevedra ascende a 19. É o segundo falecemento que se produce por esta enfermidade durante este mes de setembro. 
En canto á evolución da pandemia, hoxe contabilízanse 29 novos (hai que restar 20 altas e o falecido) positivos e os casos actívos sitúanse en 585, 8 máis que onte. De todos eles, 15 pacientes permanecen ingresados en planta en Montecelo e outro no Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez. 
 Ademáis outros tres diagnosticados están na UCI en estado grave. Os demáis 556 afectados encóntranse illados nos seus domicilios baixo seguimento médico.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.