Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

26 de septiembre de 2020

FÁTIMA ABAL CONTESTA DURAMENTE A GONZALO DURÁN


A alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, rexeita de forma rotunda a petición do alcalde de Vilanova. "Non ten sentido que os veciños e as empresas de Cambados, con só cinco casos activos no municipio, teñan que sufrir restricións", sostivo. Fátima Abal pídelle a Gonzalo Durán "que goberne no seu concello" e que "non se meta en decisións que non lle corresponden nin lle competen".

O alcalde de Vilanova de Arousa, Gozalo Durán, reclamaba que as restricións que  se aplican a Vilagarcía e que hoxe sábado entraron tamén en vigor no seu municipio, se estendan a todas as localidades da comarca do Salnés, independentemente do número de casos detectados en cada un delas.

A rexedora incide en que a pesar de que a empresa avícola da que partiu o brote que afecta a 96 persoas --52 delas traballadores-- está situada en Cambados, tan só tres dos empregados que deron positivo son da localidade. "Ademais dese tres casos temos outros que xa foran detectados anteriormente. Todos eles son asintomáticos ou con síntomas moi leves, están baixo control e cumprindo a corentena", concluíu.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.