Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

25 de agosto de 2020

REPOSTAS AS LÁMPADAS ARRANCADAS NO PASEO DO MUÍÑO DA SECA


A nova iluminación da senda peonil do muíño da Seca, en Cambados, durou unha semana escasa ata que os vándalos fixeron das súas. Os cinco focos que desapareceran xa foron repostos.
Na senda peonil do muíño da Seca, unha semana despois de que se colocaran unhas lámpadas solares, xa se botaron en falta cinco. Algunha levárona co poste e todo.
Son moitos os veciños que pasean ou fan deporte por aquí e os residentes en Corvillón utilizan este paseo para achegarse ao centro urbano. Non se entende este estrago en algo que é bo para todos.
Os participantes no obradoiro de emprego que fixeron a obra xa repuxeron os farois que faltaban. Colocáronos de xeito que sexa máis difícil quitalos.
O Concello leva meses tramitando os permisos con Patrimonio para dotar de luz de forma ecolóxica e sinxela o paseo da Seca, unha demanda da veciñanza e que parece que alguen non quere que se faga. Na man de todos está coidalo ben común
Desde o Concello anuncian que a Policía Local vai aumentar a vixilancia e piden a colaboración da veciñanza para impedir estes actos vandálicos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.