Unha semana ininterrompida de aumento de casos activos de coronavirus saldouse cun incremento de case un centenar, ao pasar de 163 no balance do Sergas do 23 de xullo aos 260 que acaba de divulgar o departamento galego de Sanidade. Á súa vez, implica un aumento de 11 nos casos con respecto ao día anterior.
Dese total de 260, 76 atópanse na área da Coruña (+5), 80 en Lugo (sen cambios), 7 en Ourense (+1), 23 en Pontevedra (+3), 49 en Vigo (-1), 23 en Santiago (+2) e 2 en Ferrol (+1). O brote da Mariña, o máis importante en Galicia ata a data, continúa estable. Hai 44 casos activos, a mesma cifra que o día previo, dado que nin se detectaron novos contagios nin se produciron altas.
A presión hospitalaria segue sendo baixa: mantense un paciente de covid-19 en UCI e en unidades de hospitalización pasa a haber 9, un máis que o día anterior e sitúase moi lonxe das cifras que se rexistraban durante o pico da pandemia.
En total na Comunidade curaron xa 11.262 persoas, 11 máis que a véspera, e non se volveron a rexistrar falecementos desde fai máis de mes e medio. Son 619 as vítimas da pandemia ata a data. Realizáronse xa 246.840 PCR.
Pontevedra-O Salnés
Tres novos positivos rexistrados sen que se producisen altas epidemiolóxicas provocaron un incremento do mesmo número nos 'casos activos', que pasan a ser de 23.
Ademais, unha nova persoa foi ingresada en planta no Hospital de Montecelo, pasando a ser dous os pacientes positivos en Covid que precisan de atención médica. O resto de 21 afectados evolucionan nos seus domicilios.
Ao non procudirse altas con respecto ao día anterior, o número de persoas que superaron o virus na área sanitaria mantense en 912, mentres que son 16 os falecementos asociados á pandemia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.