O Concello de Cambados xunto co Consello Regulador D.O. Rías Baixas inaugurou o X Túnel do Viño no Salón de Congresos José Peña de Cambados, o evento terá as portas abertas ata o sábado 1 de agosto, todo dentro das medidas sanitarias anti- contaxio COVID-19.
A apertura oficial deste espazo no que se poden degustar máis de 17 marcas pertencentes a 63 adegas, contou coa presenza da Alcaldesa de Cambados Fátima Abal, o vicepresidente e o xerente Do Consello Regulador D.O. Rías Baixas, Julio Reboredo e Rámón Huidobro e o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda. Así como outros agregados que non se entende moi ben a súa presenza no brinde oficial.
Itinerarios diferentes para a entrada e a saída, asignación de asentos fixos, catadores con máscara salvo no momento de probar aromas e sabores, distancia de seguridade entre os membros do xurado e desinfección do salón nos descansos.
Aínda que catadores e demais afeccionados e profesionais do viño tiveron que asumir a nova normativa para participar en ambos os eventos, os organizadores e as administracións que os apoiaron destacaron o éxito que supón conseguir que dúas citas tradicionais do calendario enogastronómico mantivésense a pesar da pandemia.
A alcaldesa de Cambados referiuse ao rigor co que os organizadores aplicaran as medidas de seguridade sanitaria para garantir a protección da saúde de cuantos participan nos eventos e animou aos veciños e visitantes a «Vir catar os viños de Rías Baixas tendo a tranquilidade de que se van a cumprir todas as medidas e recomendacións das autoridades sanitarias en cuestións como a limitación de aforo, o distanciamento social e a hixiene de mans», expuxo Abal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.