Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

7 de julio de 2020

SEGUE A BÚSQUEDA DOS DOUS MOZOS DESAPARECIDOS

Efectivos de Salvamento Marítimo traballaron durante toda a noite na procura dos dous mozos desaparecidos desde onte tras envorcar a piragua coa que navegaban.
Cómpre sinalar que eran tres amigos os que navegaban en dita embarcación, dos mozos e unha moza, dos cales, a moza puido ser rescatada por un helicóptero de Salvamento que a trasladou ata o Aeroporto de Santiago de Compostela para ser derivada polo persoal sanitario ao Hospital Clínico Universitario da mesma cidade.
Todo sucedeu ao fío das 21:30 horas da pasada noite. A esa hora, un particular comunicaba ao 112 Galicia desde a Praia de Coira, en Portosín,  que facía tres horas que tres mozos saíran a navegar cunha canoa e non volveran.  
De inmediato, os xestores de emerxencias puxeron os feitos en coñecemento do persoal de Salvamento Marítimo e do Servizo de Gardacostas de Galicia, que decontado desprazaron  medios cara a zona. Do mesmo xeito, desde o 112 Galicia informouse da situación aos servizos sanitarios, Garda Civil, Policía Local  e aos efectivos de Protección Civil da localidade.
Posto en marcha o dispositivo de salvamento, minutos mais tarde, persoal de Salvamento comunicou ao 112 Galicia que unha das súas aeronaves que sobrevoaba a zona visualizara a embarcación envorcada entre as praias de Cabeiro e a da Aguieira. De feito, a moza puido ser rescatada pero os mozos perdéranse de vista. Por iso, desde ese momento, varias embarcacións tanto particulares como de Salvamento, do Servizo de Gardacostas, Cruz Vermella e as aeronaves traballan arreo na procura dos dous mozos desaparecidos. Tamén, desde o 112 Galicia solicitouse a colaboración do persoal do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE), para prestar apoio aos familiares das vítimas.
Segundo se lle comunicou ao 112 Galicia, os rapaces trataban de chegar á Illa de Creba, perderon un remo da embarcación e un deles tirouse á auga para recupéralo pero xa non puido volver. A corrente arrastrounos e provocou que a piragua quedase totalmente envorcada.
Nestes intres, xa se atopa por aire un helicóptero sobrevoando a zona, por mar dúas embarcacións e por terra, sumáronse ao dispositivo os membros do GES de Muros que tamén se desprazaron coa súa embarcación.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.