Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

8 de julio de 2020

MOBILIZACIÓN EN CAMBADOS POLO MANTEMENTO DE AULAS NO MAGARIÑOS


O GOBERNO DE CAMBADOS REÚNESE COA ANPA DO CEIP ANTONIO MAGARIÑOS EN RELACIÓN COS RECORTES DE LIÑAS PROXECTADOS POLA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN NO CENTRO
O goberno local amosou o seu apoio e compromiso coas reivindicacións dos pais e nais.


Ante a o anuncio da Consellería de Educación de que dous centros escolares de Cambados, o CEIP Antonio Magariños e a EEI A Pastora, van perder varias liñas de formación, o Goberno de Cambados reuniuse coa ANPA do colexio Magariños para escoitar a súa posición ó respecto, así como a da Anpa de A Pastora, e escoitou tamén as reivindicacións da comunidade educativa de ambos centros de ensino.
Tras a xuntanza, celebrada na casa consistorial na tarde de onte, o concello de Cambados trasladoulles o seu total apoio para evitar estes recortes, perxudiciais para o alumnado en calquera circunstancia, pero máis aínda de levarse a cabo nun curso marcado pola pandemia causada pola COVID 19, durante a cal se deben estremar as precaucións e implementar medidas tendentes a reducir o tamaño dos grupos, o que axudaría a limitar os contaxios.
           
Cos recortes previstos, varias aulas que actualmente teñen menos de 15 alumnos pasarían a ter máis de 25, coas nefastas consecuencias que iso pode supoñer en caso de un brote, pero tamén diminuíndo a calidade do ensino neses grupos tan numerosos. Ademáis hai que ter en conta que en ambos centros o número de matriculados aumenta durante o curso escolar por traslado de persoas desprazadas, ao tratarse  de Colexios que están no pleno centro de Cambados
A Alcaldesa transmitiulles aos representantes da ANPA que apoiará a concentración prevista para mañá xoves ás 20.00 h diante do CEIP Antonio Magariños Pastoriza, baixo o lema “EN DEFENSA DUNHA EDUCACIÓN PÚBLICA, SEGURA E DE CALIDADE. NON AOS RECORTES NO CEIP ANTONIO MAGARIÑOS E NA EEI A PASTORA. Tamén se comprometeu a tomar un acordo de goberno sobre o asunto na próxima Xunta de Goberno e darlle traslado do mesmo á Consellería, para que reconsideren a súa postura e dean marcha atrás nos recortes anunciados e no incremento das ratios por aula, totalmente desaconsellados polo propio Ministerio de Educación en aras de controlar e como medida de contención ante un hipotético brote de Coronavirus no comezo do vindeiro curso escolar.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.