Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

4 de julio de 2020

FEIJÓO SO PENSA NO 12X E ABANDONA AOS GALEGOS Á SUA SORTE

O presidente da Generalitat, Quim Torra, anunciou que a partires das 12.00 horas deste sábado o Govern confinará perimetralmente a comarca do Segrià (Lleida) ante o aumento de contagios por coronavirus. «O Govern ten como prioridade a vida e a saúde das persoas, e tomará todas as decisións e medidas necesarias», declarou Torra nunha rolda de prensa desde o Palau da Generalitat tras presidir unha reunión co comité técnico do Procicat.

E mentras tanto en Galicia feijóo pendente nada máis que das elecións do domingo 12.
A Consellería de Sanidade cifrou este venres en 59 os contagios activos enmarcados no foco da Mariña Lucense, 12 máis que o xoves, data na que xa se produciu ademais un salto cuantitativo similar respecto ao día anterior. Só dous dos 59 pacientes atópanse hospitalizados, mentres que a gran maioría permanecen asintomáticos. O último dato achegado polo departamento autonómico cifraba en máis de 500 os contactos que gardan corentena nos seus domicilios e en 900 as probas PCR realizadas ata o de agora. Para tratar de atallar o foco canto antes, representantes do equipo directivo da Consellería e da área Sanitaria de Lugo, Monforte de Lemos e A Mariña mantiveron na mañá deste venres unha reunión con alcaldes da comarca co fin de coordinar as accións necesarias que o posibiliten. Para iso, os representantes pediron aos rexedores que fagan uso das súas competencias para que se cumpran as medidas de hixiene e seguridade recomendadas, como o distanciamento social, a limitación de aforo nos locais e o uso da máscara. Polo que se ve a Xunta non ten pensado facer nada. O comité médico do que presumía Feijóo anda de campaña electoral e non ten tempo para reunirse e tomar a decisión como a que se tomou en Cataluña. O único que fixo a Xunta foi prohibir verbenas e a apertura de discotecas e pubs. Meses pedindo competencias e cando lle-las conceden "escurren o bulto" cada vez que hai que tomar decisións valentes polo ben da saúde dos galegos. Eso sí en Cambados o colexio Antonio Magariños, de Cambados, perderá unha unidade (un agrupamento de alumnos nunha aula).
Os pais do centro amosaron a sua contrariedade ante esta medida, ( a instrución do Ministerio de Educación é que nas aulas haxa cuantos menos nenos mellor para combater a pandemia de coronavirus). polo que o claustro, o consello escolar, a asociación de pais de alumnos e o Concello enviaron escritos á Consellería de Educación, pedindo que revogue a perda da unidade suprimida no Magariños.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.