Como cada venres desde a fin do Estado de Alarme os datos ofrecidos este sábado pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade dan conta do forte descenso de pacientes con coronavirus na comunidade, onde hai 279 rexistrados, e a práctica totalidade están en seguimento nos seus domicilios. Só hai catro que permanecen en unidades de hospitalización e ningún en UCI.
A día de hoxe hai 275 pacientes en seguimento nos seus domicilios. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.722 persoas curadas e rexistráronse 619 falecementos. Por áreas sanitarias, 50 pacientes son da área da Coruña, 87 da de Lugo, 10 da de Ourense, 4 da de Pontevedra, 101 da área de Vigo, 20 da de Santiago, e 7 da de Ferrol.
O número de probas PCR realizadas é de 195.156 e na xornada do venres non se rexistraron falecementos.
Cumpridos dez días desde que se detectou o primeiro positivo por coronavirus en Xove, o rebrote da Mariña segue en escalada mentres a Plataforma de Vixilancia Epidemiolóxica trata de atallar os contagios con máis de 900 test realizados en cuestión de semana e media. Os últimos datos facilitados polo Sergas este sábado elevan a 59 os afectados polo foco lucense, dos 279 casos activos que se contabilizan en toda a Comunidade. Deles, só dúas persoas están hospitalizadas, aínda que fóra das unidades de críticos. O resto encara a enfermidade no seu domicilio cunha sintomatoloxía «moi leve» por tratarse, nun número importante, de mozos nos que a Covid adoita manifestarse con menos virulencia. Precisamente este factor, o da idade dos protagonistas do rebrote, obrigou ás autoridades sanitarias a lanzar unha mensaxe de prudencia e responsabilidade á hora de controlar un brote que se orixinou nunha comida familiar e se diseminó rapidamente por varios municipios da comarca da Mariña.
Ademais dos positivos identificados e de todas as probas realizadas, o rastrexo dos afectados derivou no confinamento domiciliario de preto de medio milleiro de persoas. Tamén obrigou ao peche dalgúns bares e locais de hostalería da zona, onde se detectaron contaxiados. Noutros casos, e tras publicarse que todas as actividades de lecer nocturno quedaban anuladas ata novo aviso, foron os propios donos os que decidiron baixar a persiana para blindarse #ante a enfermidade.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.