Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

8 de julio de 2020

ARRANCA HOXE "CINE NA RÚA" NO PARQUE DE TORRADO

O Cine na Rúa é unha proposta de ocio fixa do verán cambadés.
A primeira sesión deste ano ten como protagonista proxección de Playmobil: A película que se verá coma sempre no Parque de Torrado hoxe mércores ás 22:30 horas.
Este ano coas normas impostas pola COVID-19, uso de máscaras e a distancias social como normas básicas a cumprir.
 Playmobil: A película
Despois de Lego, chega o turno da película inspirada nos bonecos de Playmobil, na que toda a familia acompañará aos entrañables personaxes nun mundo dominado pola diversión. Cando o pequeno Charlie desaparece repentinamente no máxico mundo animado de Playmobil, a súa irmá Marla emprende a viaxe da súa vida para traelo de volta a casa. A medida que se penetra en mundos incribles e supera desafíos imposibles, Marla atoparase con novos e divertidísimos amigos como Do, o charlatán cociñeiro de food truck, o aposto e carismático axente secreto Rex Dasher, un robot que é todo corazón, unha extravagante fada madriña e moitos personaxes máis.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.