Sanidade sinala que, ata a data, curáronse en Galicia 10.649 persoas e faleceron 619 pacientes con COVID. A última vítima foi notificada o 10 de xuño, que se corresponde cun home de 83 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo. Do total, 274 estaban vinculadas con residencias. O número de PCR realizadas ata a data na Comunidade galega ascende a 188.328 fronte ás 185.374 rexistradas este mércores.
Pontevedra-Salnés
Tras varias xornadas sen cambios, móvese para ben a evolución do coronavirus na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
Segundo os datos actualizados esta mañá pola Consellería de Sanidade, nas últimas 24 horas rexistrouse un importante descenso no número de casos activos de covid.
Déronse de alta catro pacientes e a área queda con seis casos positivos que permanecen pasando a enfermidade nos seus domicilios.
Desde o inicio do plan de continxencia da Covid-19 curáronse 897 pacientes e pola contra faleceron 16 persoas.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.