Un traballador resulta ferido en Ribadumia ao ser golpeado por un cabalo
Un traballador dunha explotación gandeira foi evacuado ao Hospital do Salnés ao mediodía de hoxe tras recibir un golpe dun cabalo. Os feitos tiveron lugar ás 13:30 horas na parroquia de Leiro, no concello pontevedrés de Ribadumia.
Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, o home quedou inconsciente ao ser alcanzado polo animal e necesitaba asistencia médica.
Deste xeito, os xestores do 112 avisaron de inmediato aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos axentes da Garda Civil e tamén aos membros de Protección Civil de Ribadumia.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.