O corpo sen vida do tripulante desaparecido en Porto Meloxo foi encontrado esta tarde por particulares nas proximidades da ponte da Illa de Arousa.
Segundo a información recibida polo 112 Galicia, o varón saíu para pescar á medianoite e non regresou ao domicilio, o que deu inicio a un operativo de busca que contou coa intervención do persoal do Servizo de Gardacostas de Galicia, Salvamento Marítimo, Servizo Local de Emerxencias do Grove, Protección de Vilanova, Policía Local e Garda Civil.
Desafortunadamente, malia a mobilización dos servizos de emerxencia, a persoa foi localizada falecida.
Arestora, os equipos de intervención encárganse de trasladar o corpo da vítima ao Peirao de Vilanova de Arousa. As forzas da orde tratan de aclarar as circunstancias do suceso.
Esta mañán era achada a embarcación EMI á deriva nas proximidades de Porto Meloxo (O Grove), e o seu tripulante, o falecido, estaba neses intres desaparecido. O Centro de Salvamento Marítimo en Finisterre mobilizou o helicóptero Pesca I e a Salvamar Sargadelos. Tamén participan na procura Protección Civil, Policía Local e Garda Civil. O mariñeiro de 43 anos e veciño de Vilanova é Ramiro Piñeiro Lago, fillo da ex Patrona Maior de Vilanova Evangelina Lago e casado en Cambados. Ramiro Piñeiro saíra a pasada noite coa sua embarcacióna faenar na procura de camarón.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.