Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

27 de junio de 2020

AUMENTAN OS ENFERMOS NO REBROTE DE LUGO E NA ÁREA PONTEVEDRA-SALNÉS

A Consellería de Sanidade informa que, nestes momentos, segundo as probas realizadas, confírmanse outros catro casos positivos de persoas afectadas por Covid-19 na comarca de A Mariña, o que eleva a 22 o número total de casos detectados nesta zona pola Plataforma de Vixilancia e Control Epidemiolóxica e polos Servizos de Medicina Preventiva e Saúde Pública do Sergas.
O primeiro caso de infección por Covid-19 detectouse na tarde do pasado martes no concello de Xove. A partir desta confirmación inicial, fíxose un rastrexo e analizáronse todos os contactos das persoas que se foron vendo afectadas. Ata o momento, mediante as probas realizadas, que superan as 200, confírmase a existencia de 22 positivos en Covid-19. Nestes momentos, aínda hai estudos pendentes de obter o resultado, ao tempo que se seguen a facer máis probas aos contactos xurdidos dos novos casos.
O número de casos activos de coronavirus en Galicia baixou en tres, ata 308, este sábado, mentres que as persoas curadas han aumentado en 16 e sitúanse en 10.606. Así consta nos datos actualizados este sábado pola Consellería de Sanidade, nos que se reflicte que do total de pacientes positivos catro permanecen en unidades de hospitalización (os mesmos que o venres) e 304 en seguimento domiciliario (tres menos), mentres que as UCIs galegas seguen sen casos Covid. Dos 308 casos positivos, 131 corresponden á área de Vigo (dúas menos que o venres); 75 á da Coruña e Cee (seis menos); 26 á de Santiago e Barbanza (os mesmos); 22 á de Ourense (un máis); 34 á de Lugo (tres máis); 11 á de Ferrol (igual) e nove á de Pontevedra (un máis).
Sanidade sinala que, ata a data, curáronse en Galicia 10.606 persoas e faleceron 619 pacientes con Covid. A última vítima, notificada o pasado 10 de xuño, foi un home de 83 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo. Do total, 274 estaban vinculadas con residencias. O número de PCR realizadas na Comunidade galega ascende a 171.518, fronte ás 170.204 contabilizadas este xoves. A situación mantense sen cambios nas residencias, onde seguen sendo cinco os casos activos: catro usuarios e un traballador.
Este sábado rexistrouse un caso activo máis que durante o venres 26 no área Pontevedra-O Salnés. Agora son xa 9 casos activos de persoas que evolucionan coa enfermidade nos seus domicilios.

Mantense o número de 893 pacientes curados da Covid-19 desde o inicio do plan de continxencia e faleceron 16 pacientes por culpa do virus na área sanitaria de Pontevedra.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.