Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

27 de junio de 2020

PARTE DA OPOSICIÓN CAMBADESA PRESENTASE A UNHA REUNIÓN SEN ESTAR INVITADA


A que estaba prevista como unha reunión entre goberno municipal e representantes de Anfaco, asociación de depuradores, confraría e sector bateeiro e deputados do PSdeG quedou truncada pola presenza imprevista da oposición cambadesa sen estaren invitados.


Finalmente o equipo do goberno de Cambados mantivo a reunión co Deputado no Congreso, Guillermo Meijón e co deputado no Parlamento Galego, Julio Torrado ante a preocupación amosada polo sector Industria Mar, ante a redacción do art 18 no Proxecto de Lei de Cambio Climático e Transición enerxética.

Tanto a Ministra, Teresa Ribera, no pleno do Congreso, como o Secretario de Estado, Hugo Morán, aseguraron que a redacción do artigo 18 non modifica o marco lexislativo actual e que polo tanto, non debería causar ningún tipo de preocupación ás empresas actualmente instaladas.

Desde o goberno local, insisten en que é moi importante dar seguridade xurídica ao sector e que exista un diálogo amplio e fluído que asegure en todo caso a estabilidade das industrias na comarca do sector Industria Mar.

Os dous deputados manifestaron que no proceso de tramitación da Lei, o PSOE se compromete a estudar as alegacións de todos os sectores que conforman o sector Industria Mar, de xeito que na redacción final do articulado da lei e singularmente do artigo 18, quede garantizada a estabilidade e a seguridade xurídica para o sector, evitando que se puideran dar situacións erróneas e negativas.

Lamenta o goberno municipal, que una parte da oposición en Cambados, en lugar de traballar para aportar solucións constructivas, opte por boicotear reunións e querer utilizar ao sector para facer campaña política.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.