Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

23 de mayo de 2020

UNHA IDEA DO PP DESBOTADA POR ALCALDES DO PP


A idea do PP galego que non cuallou entre os alcaldes populares. Ningún alcaldo do PP aceptou a medida de cita previa para ir as praias. Para unha iniciativa que ten a Xunta, non imos valorar a idoneidade dela, non ten éxito entre os propios gobernantes populares locais. Tomar como exemplo a praia das Catedrais non era a mellor idea tendo en conta a singularidade de esta e do resto de areais galegos.

Ademais das reticencias que o sistema parecía levantar entre os usuarios, a solicitude de cita previa por Internet proposta pola Xunta para acceder este verán ás praias tampouco conquistou aos municipios galegos. Así se desprende da reunión celebrada este mércores entre os conselleiros de Cultura e Turismo, Román Rodríguez; e de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez; e o presidente da Fegamp, Alberto Varela, quen trasladou ao Goberno galego que a proposta é “inviable” dada a gran cantidade e diferente tipoloxía de praias existentes no noso litoral e o complicado (e custoso) que sería controlar así os accesos. Igualmente, a Fegamp considera que este sistema podería deixar fóra a moita poboación que non ten acceso a Internet. En calquera caso, a Xunta incide en que o sistema proposto -que xa funciona na praia de As Catedrais dadas as súas especiais características xeográficas e paisaxísticas e á protección á que debeu ser sometida- “non é unha imposición do Goberno autonómico” senón unha das “diferentes opcións” das que dispoñen os concellos “para dar resposta á situación sanitaria”, matizan desde a Xunta. E isto é así porque é a Administración local a competente nesta materia, por iso os conselleiros mostraron o seu “respecto” ás múltiples fórmulas avanzadas polos alcaldes. En todo caso, o titular de Cultura e Turismo subliñou a importancia de “dar garantías a veciños e visitantes nun territorio seguro para os galegos que é tamén un destino de confianza para os turistas”. Xunta e Fegamp avanzaron a vontade de seguir colaborando para traballar no obxectivo compartido de que as praias sexan un lugar seguro, para o que o Goberno autonómico ofrece o seu coñecemento cartográfico e tecnolóxico. A Federación, pola súa banda, incidiu na importancia da cooperación entre administracións e a necesidade de que os concellos interveñan na toma de decisións.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.