A Consellería de Sanidade acaba de comunicar o falecemento dunha muller de 52 por coronavirus ingresada no hospital vigués de Povisa. Coa súa morte elévanse a 609 as vítimas desde que comezou a pandemia en Galicia. Durante a xornada de onte rexistrouse tamén outro falecemento e nas dous anteriores non houbo ningún óbito.
Con este falecemento, o número total de mortes rexistradas en atención hospitalaria na comunidade galega elévase a 477: 127 na área sanitaria da Coruña, 101 na de Ourense, 92 na área sanitaria de Vigo, outras 85 na área sanitaria de Santiago, 30 na área de Ferrol, 26 na de Lugo (dúas delas en atención domiciliaria) e 16 na área sanitaria de Pontevedra.
A estes casos hai que sumarlles as 132 mortes rexistradas dentro das residencias de maiores, onde non se notificaron novas vítimas desde hai dúas semanas. Con todo, hai que ter en conta que, dentro do cómputo de falecidos en atención hospitalaria, hai 139 persoas que estaban vinculadas con residencias.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.