O Servizo Galego de Saúde confirmou que as últimas defuncións rexistradas foron a dun home de 88 anos de idade con patoloxías previas en Santiago, no Hospital La Rosaleda e un usuario de residencias, polo que o número total de falecementos vinculados a estes centros é de 270.
Segue descendendo a cifra de activos en Galicia. A Consellería informou de que esta fin de semana completou a revisión dos casos que foran diagnosticados e que a posteriori teñen unha PCR negativa. Así, segundo esta actualización, nas últimas 48 horas incorporáronse máis de 800 pacientes á cifra total de curados: A día de hoxe considérase que 9.155 persoas pasaron xa a enfermidade.
Hai polo tanto 1.199 casos activos en Galicia, e máis do 90% recupéranse nas súas casas. Hai 18 persoas na UCI, unha menos ca onte, e 94 en planta e 1.087 con seguimento domiciliario. O Ministerio informou de 10 casos novos confirmados por PCR e que tres deles tiveron que ser hospitalizados.
O número de casos activos da COVID-19 en Galicia ascende a 1.199, deles 277 na área da Coruña, 77 na de Lugo, 209 na de Ourense, 62 en Pontevedra, 352 en Vigo, 187 en Santiago e 35 da de Ferrol.
Xa recibiron a alta 9.155 persoas e xa se realizaron 125.832 probas de PCR diagnósticas.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.