Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

17 de mayo de 2020

ENTRA TODO O SALNÉS NA NOVA LIBERDADE HORARIA?


O presidente do Goberno Pedro Sánchez informou na súa reunión semanal cos presidentes das Comunidades Autonómas que, xunto coas medidas que xa se anunciaron onte, eliminarase as franxas horarias nos municipios de menos de 10.000 habitantes. A medida será efectiva, presumiblemente, a partir de mañá luns 18 de maio, aínda que este dato está aínda pendente de confirmación. Desta forma, estes núcleos de poboación contarán coas mesmas vantaxes que os municipios de menos de 5.000 habitantes, que desde a fase 0 non contaban coas limitacións horarias do resto da poboación. O Goberno eliminará as franxas horarias para determinadas actividades nos núcleos de poboación de ata 10.000 habitantes, como vén ocorrendo nos que teñen 5.000 ou menos. Deste xeito, os habitantes destes municipios poderán facer deporte e saír a pasear a calquera hora entre as 06:00 e as 23:00 horas pois "non hai ningún perigo de aglomeracións".

En Galicia, só superan esa poboación 54 concellos. 
Dada a dispersión da poboación en Galicia, son menos da metade os núcleos que superan os 10.000 habitantes. Concretamente son 21 noutros tantos concellos.
Neses 21 núcleos viven 1.014.054 galegos, o 37,6% da poboación total. 
Hai que agardar  que decisión toma a Xunta sobre o tema, e si deixa en mans dos concellos a decisión como hay 15 días coas parroquias ou núcleos de menos de 5.000 habitantes.
No Salnés tan só quedarían excluídos como concellos , Cambados, O Grove, Vilanova, Sanxenxo e Vilagarcía e si tomamos como referencia os núcleos, Vilagarcía non contaría con liberdade horaria.
En todos os casos agás Vilagarcía, teñen parroquias con liberdade horaria, polo que se supón que deberían entrar nesta fase da desescalada.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.